Skip to Content

2010-11

Traballo de Nadal para 4º ESO A

Debes contestar ás diferentes preguntas do documento adxunto.

Nas preguntas de ecuacións aparece a resposta para que che sirva de referencia.

Como sempre, se tes algunha dúbida, podes poñerte en contacto no correo fmrmayo@gmail.com

Lembra que o primeiro día de clase debes ter o traballo enviado por correo electrónico ou entregalo ese día.  Noutro caso debes facer un exame de recuperación do mesmo. 

Para descargar o documento, pulsa aquí

 


O traballo "Salva un Matemático del olvido", poderás entregalo despois das vacacións.  Se queres empezar a facelo debes ter en conta o seguinte guión:

  • Situar ao matemático ou matemática no seu tempo:
    • ¿Onde e cando naceu?
    • ¿Que sucedía no Mundo nesa época?
    • ¿E en España?
    • ¿E en Galicia?
  •  ¿Cales foron as súas aportacións ás Matemáticas? Tes que procurar explicalas de xeito que calquera poda entender cales foron.

Por agora, están collidos:  Euclides e Arquímedes.

Feliz Nadal

... E FELIZ ANO

 

Chegou o inverno e tamén as vacacións.

Disfrutade e collede forzas para o novo ano... e non esquezades facer todos os traballos que non todo é diversión.

¡Bo Nadal e feliz ano!

 

 

Día da Ciencia en Galego

 

Os Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés acordaron celebrar o "día da ciencia en galego" así que collemos os nosos chismes e fomos, cos alumnos de 4º ESO B, á Praza de Galicia.

Alí xuntámonos con alumnos dos outros centros.  Uns levaron aparellos construídos na clase de Tecnoloxía, outros experimentos de Química,outros proxectaron vídeos e nós levamos xogos matemáticos "la mar" de divertidos.

  

             Para ver o resto das fotos pulsa aquí

Calendario escolar 2010-11

 

As clases empezaron o día 17 de setembro e prolongaranse ata o 23 de xuño.

Serán períodos non lectivos, ademáis dos festivos establecidos no calendario laboral:

  • Nadal: do 23 de decembro ao 7 de xaneiro ambos os dous inclusive.
  • Entroido: días 7, 8  e 9 de marzo.
  • Semana Santa: do 18 ao 25 de abril, ambos inclusive.
  • Será non lectivo tamén o día 7 de decembro.

As avaliacións serán:

  1. Primeira: os días 16, 20 e 21 de decembro. Entrega das notas o 22.
  2. Segunda: 21, 23 e 24 de marzo. Entrega de notas o 25 (neste caso non coincide co fin do trimestre polo que as clases desenvolveranse con normalidade).
  3. Terceira: 2ª bacharelato sobre o 20 de maio dependendo das datas de selectividade. O resto dos cursos será o 27 e 28 de xuño e a entrega das notas o 29.

 

 

DEPENDENCIAS DO NOSO INSTITUTO

(para ver fotos preme na imaxe)

O noso é un instituto relativamente pequeno, pensado para tres líneas de ESO e otras tres de bacharelato.

Consta dunhas magníficas instalacións, con un gran hall en cada planta desde o que se pode ver a Ría de Arousa.Só temos unha pequena espiña clavada: queremos, necesitamos, desexamos un salón de actos.

Podes botar unha ollada as instalacións premendo aquí.

Xa temos Bacharelato Tecnolóxico

A partir deste curso 2010 2011 xa é posible matricularse en Tecnoloxía Industrial I en primeiro de Bacharelato e no seguinte curso  poderase tamén  matricular de Tecnoloxía Industrial II e Electrotecnia para poder completar a especialidade do Bacharelato Tecnolóxico. Esta especialidade é a opción máis recomendable para aqueles alumnos que van estudiar unha carreira Técnica , tal como Enxeñeiria, Arquitectura ou calquer especialidade técnica de Formación Profesional.

Distribuir contido


by Dr. Radut