MARIE CURIE ENCHE BIBLIOMALVEIRAS DE CIENCIA
Con motivo do 150 aniversario do nacemento de Maria Salomea Sklodowska, coñecida como Marie Curie, Bibliomalveiras preparou moitas actividades para a dar a coñecer no noso centro educativo esta figura tan importante do ámbito científico. E non só desde a súa faceta científica da que se encargará profesorado e alumnado de ciencias senón tamén como ser humano a través da lectura do deu xornal íntimo e dunha exposición de documentos persoais.
Para mostra un botón: velaí a fermosa imaxe do cartaz que luce na entrada do instituto realizado polo alumnado de Artes. Seguiremos atentos ás actividades desde o blog de Bibliomalveiras.