CHARLAS SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE PARA 3ºESO
Versión para impresora
O Departamento de Orientación levará a cabo cos alumnos de 3º de ESO un programa de educación para a saúde coa colaboración da Cruz Vermella Xuventude. A duración será de catro sesións por grupo nas seguintes datas: Venres 10 febreiro, mércores 22 febreiro e xoves 2 de marzo.
Tratarase o tema da alimentación e nutrición e os trastornos da conduta alimentaria incidindo nos seguites aspectos:
- Alimentación e nutrición saudables.
- Presión de grupo. Sociedade e moda.
- Trastornos da conduta alimentaria.Anorexia, bulimia, vigorexia…
- Factores que inflúen. Características básicas da enfermidade.