CHARLA-COLOQUIO SOBRE O AUTISMO PARA O TSAAFD
Yolanda Heras, a directora do centro BATA especializado en apoio a persoas con transtornos do espectro autista, acudíu hoxe ao noso instituto para participar nunha charla-coloquio sobre esta problemática xunto co alumnado do TSAAFD.
Esta charla é un primeiro paso para preparar o evento Marzo sen fronteiras. A seguinte etapa será o día 8 de febreiro no que o alumnado de ciclo acudirá ao pavillon de BATA, situado en Baión, Vilagarcía, para que todo o alumnado teña ocasión de facer a primeira toma de contacto. E finalmente, o 29 de marzo celebraremos Marzo sen fronteiras: o alumnado de BATA virá ao noso centro para facer actividade física co alumnado do ciclo.
Para agrandar estas fotos, fai clic sobre elas