CHARLAS DO PROFESORADO UNIVERSITARIO
Versión para impresora
Neste segundo trimestre estanse a celebrar unhas charlas impartidas por profesorado universitario sobre diferentes temas relacionados coas materias opcionais escollidas polo alumnado. As charlas previstas son as seguintes:
- Día 4 de febreiro charla para alumnos de Bacharelato de Ciencias sobre o tema “Quen me garante que os alimentos son seguros?”
- Día 11 de febreiro charla para alumnos de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais sobre o tema "Os romanos en Galicia”.
- Día 25 de febreiro charla para alumnos de Bacharelato de Ciencias sobre o tema “Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental.”
- Día 26 de febreiro charla para alumnos de 2º de bacharelato charla informativa sobre a Universidade de Santiago de Compostela impartida por profesorado da mesma.