Skip to Content

Artigos

RUTA DOS FAROS PARA O ALUMNADO DO CICLO E O DE 4ºESO

O martes día 3 de maio, o alumnado de 4º da ESO e máis o de 1º do ciclo técnico superior de AF realizaron parte dunha das rutas dos faros, a que vai dende Laxe a Camelle.

Unha ruta de aproximadamente 16 km para desfrutar da natureza e das fermosas vistas que temos nas nosas costas! Bonita experiencia!

Ademais toda a rapazada foi quen de realizar todo o percorrido!

Ver o album de fotos da xornada
 

CONCURSO DE CALIGRAMAS PARA CELEBRAR O DÍA DA POESÍA


1ºPremio:

Mortadelo e Filemón (o número 78) de Raúl Otero Diz 3ºESO C

2º Premio:

O número 32. Alba López González 1ºBAC C

3º Premio:

O número 69. Sandra Otero Fernández. 3ºESOB

Accesit:  

  •    O espello de Paula Ríos García de 1ºBAC C.
  •    O libro de Mariña Alonso Beloso 2ºESO B.
  •    Bob Espoja de Brais Lorenzo Iglesias. 3ºESO C.                  Ver os traballos premiados
  •    O corazón de Laura García Andújar de 3ºESO B.
  •    A rosa de Lucía Rodríguez Couto de 3ºESO A.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE HAIKUS

Hoxe, día 30 de marzo de 2022, tivo lugar a entrega de premios do concurso de haikus para celebrar o Día da poesía co noso alumnado de 2ºESO, 3º ESO e 4ºESO no 2º trimestre. Un haiku é un tipo de poesía xaponesa que ten tres versos de cinco, sete e cinco sílabas, respectivamente.

Aqui temos o cadro de gañadores do concurso.  Parabéns para todas/os !

 Clic aquí para ver o álbum
1º premio 2º premio

Iria Torres Loureiro 2ºESO B

Mariña Alonso Beloso 2ºESO B

Xiyao Hu Zhu 2ºESO A

Yago Bouzada Sobrino 2ºESO A

Noa Santiago Falcón 4ºESO C

Alicia García Ramallal 4ºESO C

ENCONTRO DO ALUMNADO DE 1ºESO COA ESCRITORA ANDREA MACEIRAS

Hoxe, 21 de marzo, celebrouse un encontro entre Andrea Maceiras, autora de A folla azul e as súas lectoras e os seus lectores de 1°ESO.

Ver album de fotos

PERCORREMOS A VIDA DE ROSALÍA DE CASTRO NA VOZ DE DANI BARREIRO

O alumnado de 2ºESO fixo unha breve e apaixonante viaxe pola vida de Rosalía de Castro da man de Dani Barreiro, que combinou música e poesía co seu espectáculo “Rosalía en catro poema e catro cancións”.

Ver album de fotos

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de 2ºESO fixo unha breve e apaixonante viaxe pola vida de Rosalía de Castro da man de Dani Barreiro, que combinou música e poesía co seu espectáculo “Rosalía en catro poema e catro cancións”.

Ver album de fotos do recital
 
O EDLG e o Departamento de Galego, coa axuda da nosa rapazada, elaboramos esta liña do tempo da vida e obra de Rosalía de Castro. Ver a liña de tempo
 

Chapas gañadoras no concurso celebrado con motivo do Día de Rosalía no noso instituto do Carril. Para ver máis clic en "album de fotos".

ALBUM DE FOTOS

GAÑADORAS/ES DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR EN CINCO LINGUAS

O 4 de marzo foi a entrega de premios  do concurso "Amor en cinco linguas"

Ver album de fotos da entrega de premios

CADRO DE HONRA

Inglés

  • Alba López González 1º BAC C
  • Alicia García Ramallal 4ºESO C
  • Xiyao Hu Zhu 2ºESO A

Lingua Castelá

 

  • Mauricio José Guldrís Peña 1ºESO C
  • Cristina dos Anjos dos Santos 4ºESO B
  • Paula Ríos García 1º BAC C

Latín

 

  • Ana Ponte Veloso, Brais Giménez Otero,Evelyn Freiría Conde, Marta Martínez Alfonsín, Miguel Ángel de la Torre Rodríguez, Nicol Lois Jiménez e Yasmim da Cruz (1ºBAC C)

Galego

 

  • María Jamardo Campos 1ºBAC B
  • Yago Bouzada Sobrino 2ºESO A
  • Antía Pilar Rodríguez Blanco 3º ESO C

Francés

 

  • Xiyao Hu Zhu 2ºESO A
  • Xián Moure Paz 3º ESO C
  • Belén Rey Correa 1º BAC B


Parabéns para todas/os !

ENTREGA DE PREMIOS DE POESÍA "XAQUINA TRILLO"

Aquí tedes as fotos da entrega de premios á nosa flamante gañadora do 3º Premio de poesía Xaquina Trillo convocado polo concello de Vilagarcía.

Ver album de fotos


    

ENTROIDO 2022

Este ano o Entroido veu cheo de forza e de cor. Aquí vos deixamos imaxes e vídeos da festa celebrada o 25 de febreiro. No concurso de disfraces os premios quedaron distribuídos como segue:

1ºPremio: 2ºESO B 2ºPremio : 2ºBAC C 3ºPremio: 1ºESO A
Accésit: 1ºBAC B

Accésit: 3ºESO A

Accésit: 4ºESOC

Para ver as fotos en grande fai clic aquí

 

DÍA DA PAZ 2022

Esta actividade que foi presentada no instituto polo alumnado para conmemorar o día da Paz (30 de xaneiro) está centrada nunha canción de Tanxugueiras, “ Figa”, polos valores que reflicte a súa letra, tales como o respecto cara os demais, a necesidade de acabar cos prexuízos e vivir sen xulgar nin meterse na vida de ninguén.
Grazas a esta canción reflexionamos nalgúns grupos da ESO  sobre estes temas e outros directamente ligados a ela: a retranca, o refraneiro galego, os valores sociais da canción, a importancia das redes sociais na difusión da música, a evolución da música tradicional galega e o momento de auxe que está a vivir grazas á aparición de diversos grupos e artistas. Incluso fixeron tradución dalgúns versos da canción a outras linguas. Ademais é unha exaltación  da música tradicional galega, na que difundimos o traballo do grupo “Tanxugueiras”.

Coordinado polo EDLG e polo departamento de Música, que foi o encargado de traballar as cuestións musicais nas súas clases, foi un proxecto multidisciplinar no que participaron máis departamentos. Gracias a esta actividade o alumnado concienciouse do poder que ten a música como linguaxe universal, que é independente do idioma que se utilice, que se emprega para expresar e comunicar e que chega a tódas a s persoas.

Ver album de fotos

3º PREMIO DO CONCURSO DE POESÍA "XAQUINA TRILLO"

A nosa alumna Xiyao Hu Zhu vén de gañar o terceiro premio do I Concurso de Poesía en Lingua Galega "Xaquina Trillo". Moitos parabéns!

                      

CALENDARIO "12 MESES 12 LOITAS"

O noso instituto do Carril ten como obxectivo educar no sentido máis amplo da palabra. Este curso , o noso alumnado demostrou unha vez máis as súas dotes artísticas elaborando este magnífico calendario no que representan graficamente 12 loitas sociais dos nosos tempos. Aquí podedes ver unhas imaxes das autoras e do autor.

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: O CICLO SUPERIOR PARTICIPA NAS SEMANAS DAS CIENCIAS

Para ver o album de fotos da actividade preme na imaxe

No marco das actividades das Semanas das Ciencias en Galego o alumnado de ciclo, guiado polo profesor Luis Garrigós, levou a cabo unha actividade co alumnado de 2ºBAC A. Cunha máquina obtiñan diversos datos relacionados co IMC, peso dos ósos, grasa corporal... Velí a actividade descrita en detalle:

PRÁCTICA CO APARELLO DE BIOIMPEDANCIA PARA ALUMNOS DE 2º BTO

O pasado 17 de decembro o alumnado do ciclo TSAF da área do módulo de Valoración da Condición Física e Intervención en accidentes realizou unhas medicións co aparello de bioimpedancia ao alumnado de 2º BTO.
 A bioimpedancia é unha proba que analiza a composición corporal, indicando a cantidade de músculo, óso e graxa. Esta verificación  realízase mediante balanzas especiais, neste caso coa Tanita BC-602, que teñen  placas metálicas que conducen un tipo de corrente eléctrica débil que atravesa todo o corpo.
Estes aparellos, ademais de mostrar o peso actual e o IMC (Índice de Masa Corporal), ofrecen valores relativos á masa de graxa corporal, brazos e pernas, masa magra, masa muscular, hidratación, densidade ósea, graxa visceral e taxa de metabolismo basal.
Esta práctica finalizou coas probas de dinamometría manual co dinamómetro hidráulico manual Baseline LITE 200Ib e unha medición individual do contorno abdominal cunha cinta métrica antropométrica.

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: PASAPALABRA EN 1ºESO E 2ºESO

Con motivo do mes da ciencia realizamos uns pasapalabras multidisciplinares entre o alumnado de 1º ESO e 2ºESO. Aínda que a competición foi moi, moi disputada, os grupos gañadores foron 1ºESO A e 2º ESO B.

Premendo aquí abaixo poderás ver as fotos do concurso e máis dos agasallos (un trofeo e máis unha bolsa de bombóns).

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: RECREOS DINÁMICOS

Para ver o álbum de fotos da actividade fai clic aquí

O martes 14 e o xoves 16 de decembro realizamos nos recreos na biblio distintas actividades:

  • adiviñas
  • crebacabezas especiais
  • tangrams
  • pentaminós
  • xogos de criptografía
  • dominós...

...para desenvolver a intelixencia exercitando as nosas habilidades.



by Dr. Radut