Taboleiro

Hora de ler

Transporte escolar

Dende o servizo de mobilidade nos confirman que todos os solicitantes de transporte terán praza. Aqueles usuarios non lexítimos (fora da zona de escolarización ou menos de 2km) deberán empregar a tarxeta Xente Nova cargada. O custe do servizo será de 1,35€ coa tarxeta e cada 15 días poden recargar a tarxeta nun caixeiro de ABANCA para recibir o reintegro dado que son prazas subencionadas. Neste enlace poden ver o folleto informativo. http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=system/files/Xente%20NOva.pdf

No curso 2020-21 as rutas de transporte Estribela-Cantodarea-Tiburcio e Alameda-Mirón-Jaime Janer pasan ao servizo de mobilidade da Xunta de Galicia, polo que é preciso que o alumnado usuario non lexítimo (todos os que vivan a menos de 2 kms ou fora da zona de escolarización) empregue a tarxeta de transporte Xente Nova cargada para acceder ao transporte escolar.

As zona zona de escolarización do IES Mestre Landín pode consultarse no seguinte mapa:

Zona de escolarización (usuarios lexítimos do transporte escolar sempre que vivan a máis de dous kilómetros do centro)

Se tes dúbidas sobre se necesitas a Tarxeta Xente Nova ou non, podes chamar ao centro para preguntar.

 

 

Máis información sobre a Tarxeta Xente Nova en www.bus.gal ou no teléfono 988687800.

 

Como conseguila?

  1. A Tarxeta Xente Nova é expedida por Abanca nunha serie de oficinas espalladas por moitos dos concellos nos que se pode viaxar con ela. Aquí podes ver o listado de oficinas comercializadoras nas novas áreas de Pontevedra e Ourense.

  2. Para non perder tempo e facilitar que todos os usuarios obteñan a súa tarxeta o máis axiña posible, deberás solicitar cita nesta páxina.

    Para aceder á web é preciso dispor dun navegador Internet Explorer 9 ou superior, Firefox, Chrome, Opera, Safari ou Edge.

  3. Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca seleccionada. Non é necesario dispoñer dunha conta asociada.

  4. Á oficina de ABANCA seleccionada só deberás levar o teu DNI. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes. A tarxeta é gratuíta.

  5. Acordate cargar a túa tarxeta antes de viaxar con ela.

 

PLAN DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 15 DE XUÑO

 Accede dende TAREFAS COVID-19, na columna esquerda da páxina.

Recorda que é importante enviar as tarefas deste trimestre a través das vías que se especifican no plan de traballo. Se tes dúbidas, contacta co profesorado a través do correo electrónico do iesml.es

As tarefas para a recuperación das materias pendentes de cursos anteriores aparecen ao final dos Plans de traballo de 2º, 3º e 4º.

O venres, cando remates, envíanos o seguimento das tarefas a través do enlace que atoparás no plan de traballo.

Moito ánimo! Pídenos axuda se a necesitas.

Manual para as videoconferencias

VIDEOCONFERENCIAS

O alumnado poderá empregar un dispositivo conectado a internet e directamente facendo click no enlace que vai proporcionar o docente e poñendo o seu nome e un correo electrónico.

Equipos EDIXGAL: De ter problemas chamar ao servizo PREMIUM 881 869 900

Ordenador Windows/ Mac: ao facer click no enlace pide instalar un complemento que debemos aceptar.

Tablets ou teléfonos: debemos instalar a aplicación de Webex Meet

 

Publicación de cualificacións

O vindeiro venres día 3 de abril poderán consultar as notas do alumnado a través do ABALAR MÓBIL, neste enlace teñen a información necesaria para a súa instalación e activación. Poden contactar co centro para resolver dúbidas.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

Virginia Estévez Suárez: máxima nota das probas extraordinarias da ESO

O IES Mestre Landín fixo entrega hoxe venres día 4 de novembro do recoñecemento público ao éxito na recente edición das probas extraordinarias da ESO da nosa alumna Virginia Estévez Suárez. Nesta proba, resultados publicados no doga de hoxe, obtivo a maior puntuación dos 420 participantes que foron propostos polos centros de toda Galicia polo seu excelente rendemento durante a ESO.

Toda a comunidade educativa do IES Mestre Landín comparte o orgullo de tela tido como alumna e compañeira xa que non só destacou nas cualificacións académicas senón que tamén nos seu bo trato cos seus iguais.

En definitiva un éxito para o sistema público de ensino, no que se garante a educación e igualdade de posibilidades para calquera alumna ou alumno poida alcanzar a excelencia.

Dada a relevancia do fito alcanzado pola alumna contamos ca presencia do inspector de zona Román Latas Calvo, do director do CEIP A Laxe Francisco Suárez, da concelleira de medio ambente Marián Sanmartín García, a Alcaldesa de Marín María Pilar Ramallo Vázquez, así como da familia da rapaza.

 

Parabéns!!!

         

MATRICULA CURSO 2016/2017

Instrucións e datas para a formalización da matrícula para o vindeiro curso académico 16/17 no IES Mestre Landín.

A partir do 27 de xuño poderanse recoller no centro os sobres de matrícula para os distintos cursos.

Para axilizar o proceso de matriculación establécense as seguintes datas, nas que todo o alumnado que continúe estudios o próximo curso no noso centro deberá formalizar a súa matrícula, entregando toda a documentación requirida xunto cos anexos debidamente cumprimentado.

29 de xuño: Alumnado matriculado en 4º ESO.

1 de xullo: Alumnado matriculado en 3º ESO.

4 de xullo: Alumnado matriculado en 2º ESO.

5 de xullo: Alumnado matriculado en 1º ESO.

6 de xullo: Alumnado de novo ingreso no centro.

O día 8 de xullo é a data límite para formalizar a matrícula.

      

Documentación xeral a presentar.

   

BOLETÍNS DE NOTAS

O vindeiro luns 27 de Xuño de 2016, ás 11:00 horas, serán entregados os boletíns das cualificacións finais a todo o alumnado.

Meteolandín

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Este é o segundo curso no que o noso centro participa neste Plan e un dos proxectos que se levan a cabo é o de "Meteoescolas".  Deixámosvos aquí un vídeo elaborado polo alumnado de 1º de ESO.

NOVAS

Todas as novas de interese e a información do noso instituto con tan só tres clics  

  

 

 

 

 

Excursión de fin de curso

Xa están á venta as rifas para a excursión de fin de curso para 3º e 4º organizada pola ANPA A Raña (IES Mestre Landín).

 

 

ÚNICO BOLETO VÁLIDO

                    

Nin as rifas que figuran debaixo nin outras que poidan estar á venta contan coa supervisión nin a autorización da ANPA A Raña nin do IES Mestre Landín.

       

INICIO DO CURSO 2015-2016

MARTES 15 DE SETEMBRO

 

Familias e alumnado de 1º ESO

·       11:00- 11:30 Recepción por parte do equipo directivo na Bilbioteca.

·       11:30- 13:00- Reunión cos seus titores/as.

 

Alumnado de 2º a 4º da  ESO

·       12:00-12:30  Recepción por parte do equipo directivo na Bilbioteca.

·       12:30-13:00 Reunión do alumnado cos seus titores/as

Actividades de repaso. Verán 2016

As actividades que figuran a continuación teñen por obxectivo facilitarlle ao alumnado a preparación das materias suspensas durante o verán. Trátase de exercicios de realización voluntaria e NON AVALIABLE.

Para poder ver os arquivos das actividades debes descargalos primeiro no disco do teu ordenador.

Recórdase ademais que a nota na convocatoria extraordinaria de setembro é unicamente a obtida no exame.

Ácceso ás ACTIVIDADES

 

 

IV Feira de libros usados. 2015

Xa podedes comezar a traer os vosos libros para a IV Feira de Libros Usados. Cantos máis traiades, máis vales obteredes para canxealos o sábado 27 de xuño.

 

Campiona!!

Alba Pedrosa, alumna de 4º, campiona galega de boxeo.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

 

Xa está dispoñible a información relativa á admisión a ciclos formativos de grao medio. Pódese ter acceso á mesma das seguintes formas:

1. Neste arquivo adxunto.

2. No taboleiro de información ou no facebook de INFOXOVE.

3. Na páxina web  www.edu.xunta.es/fp

4. Falando por teléfono (986891989) ou personalmente con Sandra (Orientadora).

__

Acceso aos exames de anos anteriores

  _((((Tamén en arquivos adxuntos)

_

Modelo de solicitude de inscrición

    _

Eleccións ao Consello Escolar

Quen pode participar?

Como podo participar?

Como se organizan as eleccións?

Quen forma parte do Consello?

Calendario electoral

...

INFÓRMATE AQUÍ

 

Uso do móbil polo alumnado do IES Mestre Landín


O alumnado de 3º ESO realizou un estudio estatístico sobre o uso do teléfono móbil a todos os estudantes do IES Mestre Landín. Dos moitos datos que obtiveron nos deixan a continuación un pequeno resumo:

- O 87% do alumnado ten móbil.

- O  primeiro  aparello  téñeno como media aos 10 anos e medio, e como agasallo dos seus pais nun 56% dos casos.

- O 55% din cambialo só cando se lles estraga, pero só un 17%  segue usando o seu primeiro teléfono, e como media xa tiveron  catro.

- Case un 60% ten contratada unha tarifa con acceso a Internet cun gasto mensual medio de 10,40 euros.

- Úsano diariamente unha media de 4 horas, aínda que a maioría o fan en torno a 2, e emprégano sobre todo para comunicarse a través de WhatsApp e Instagram.

- Un 60% manifesta que para eles o teléfono móbil é algo necesario, un 20% que non poderían vivir sen el e o outro 20% pensan que é un aparello do que poderían prescindir.

- O 31% recoñece traelo sempre ao instituto e o 48% nunca.

Sen facer un estudio máis rigoroso dos datos, poderiamos dicir que “un alumno ou alumna tipo” do IES Mestre Landín ten teléfono móbil desde aproximadamente os 10 anos, que xa é o cuarto aparello que ten, que gasta nel algo máis de 10 euros ao mes nunha tarifa de contrato con conexión a Internet, que se conecta a redes sociais durante 4 horas diarias e que considera o móbil como algo necesario, aínda que non o traia ao instituto.

Cucañas 2014

 

Tarxeta de inscripción

                  

Esto foi o que pasou na edición anterior das CUCAÑAS:

 

INICIO DO CURSO 2014-2015

        

________

 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA E AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO. Curso 14-15

Nos   seguintes   enlaces   podedes   acceder   a   toda   a   información  e

documentación necesaria para formalizar a  matrícula  no  instituto  e  para

solicitar a axuda para a adquisición dos libros de texto:

 

Nota informativa sobre a matrícula

Formulario de matrícula para 1º, 2º e 3º de ESO

Formulario de matrícula para 4º de ESO

Formulario para solicitar a axuda para a adquisición de libros de texto

Axuda para cumprimentar o formulario de adquisición de libros de texto

 

O  horario de Secretaría é de 9:00 a 13:00 horas e de luns a venres, e tamén

poden  resolver  as  dúbidas  que  teñan  chamando  ao  número  de teléfono

986891989.

 

Distribuir contido