Matrícula
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA E AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO. Curso 14-15
Nos seguintes enlaces podedes acceder a toda a información e
documentación necesaria para formalizar a matrícula no instituto e para
solicitar a axuda para a adquisición dos libros de texto:
Nota informativa sobre a matrícula
Formulario de matrícula para 1º, 2º e 3º de ESO
Formulario de matrícula para 4º de ESO
Formulario para solicitar a axuda para a adquisición de libros de texto
Axuda para cumprimentar o formulario de adquisición de libros de texto
O horario de Secretaría é de 9:00 a 13:00 horas e de luns a venres, e tamén
poden resolver as dúbidas que teñan chamando ao número de teléfono
986891989.
RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2014/2015
ADMISIÓN DE ALUMNADO DOUTROS CENTROS PARA O CURSO 2014/2015
O procedemento de admisión nun novo centro desenvólvese en dúas fases.
Ø 1º Fase: Reserva ou solicitude de admisión
RESERVA DE PRAZA:
Quen debe facela: O alumnado dos centros adscritos, é dicir, do CEIP do Carballal e do CEIP da Laxe
Como debe facerse: Os pais, nais ou titores legais do alumnado presentarán o anexo I (documento para reserva de praza) no centro de orixe no que cursan a Educación Primaria.
Prazo de presentación: do 1 ao 15 de febreiro
SOLICITUDE DE ADMISIÓN:
Quen debe facela: O alumnado dos centros de Educación Primaria non adscritos e doutros centros de Educación Secundaria
Como debe facerse: Os interesados/as presentarán o anexo II (documento para solicitude de admisión) no centro de Educación Secundaria que se solicita en primeiro lugar, xunto coa copia cotexada do DNI do alumno/a ou, no seu defecto, do Libro de Familia.
Prazo de presentación: do 1 ao 20 de marzo
No caso de estar matriculado noutro centro de Educación Secundaria será necesario presentar certificado académico e informar da solicitude de admisión no centro de orixe.
Ø 2º Fase: Matrícula
Feita a reserva ou solicitada a admisión é necesario FORMALIZAR A MATRÍCULA
· Prazo ordinario: do 25 ao 10 de xullo. Para todo o alumnado de primaria e de secundaria con todas as materias aprobadas.
· Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro. Para o alumnado de secundaria con materias pendentes.
Requisitos da matrícula:
Cubrir o anexo III (impreso de formalización de matrícula) e presentalo na secretaría deste centro dentro dos prazos sinalados, achegando a seguinte documentación:
- Unha fotografía
- Fotocopia do DNI do alumno/a e dos pais/titores
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Boletín de notas de 6º de Primaria ou da convocatoria extraordinaria de setembro
- Documento que acredite o pago do seguro escolar para o alumnado que solicita praza en 3º ou 4º da ESO
- Solicitude do NUSS para o alumnado que curse 3ª da ESO por primeira vez
ALUMNADO do centro
martrícula PARA O CURSO 2014/2015
O alumnado do centro terá que FORMALIZAR A MATRÍCULA
- O alumnado que aproba todas as materias en xuño matricularase no prazo ordinario (do 25 ao 10 de xullo)
- O alumnado con materias suspensas deberá matricularse logo dos exames de setembro, no prazo extraordinario (do 1 ao 10 de setembro)
Requisitos da matrícula:
Cubrir o anexo III (impreso de formalización de matrícula) e presentalo na secretaría deste centro dentro dos prazos sinalados, achegando a seguinte documentación:
- - Fotocopia do DNI se o renovou
- - Para o alumnado que se matricula en 3º e 4º xustificante do pagamento do seguro escolar
- - Solicitude do NUSS para o alumnado que curse 3ª da ESO por primeira vez
*(Pódense descargar os anexos I, II e III na pestana Formularios)