RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2014/2015

ADMISIÓN DE ALUMNADO DOUTROS CENTROS PARA O CURSO 2014/2015

 

O procedemento de admisión nun novo centro desenvólvese en dúas fases.

 

Ø  1º Fase: Reserva ou solicitude de admisión

 RESERVA DE PRAZA:  

Quen debe facela: O alumnado dos centros adscritos, é dicir, do CEIP do Carballal e do CEIP da Laxe 

Como debe facerse: Os pais, nais ou titores legais do alumnado presentarán o anexo I (documento para reserva de praza) no centro de orixe no que cursan a Educación Primaria.

Prazo de presentación: do 1 ao 15 de febreiro

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN: 

Quen debe facela:  O alumnado dos centros de Educación Primaria non adscritos e doutros centros de Educación Secundaria

Como debe facerse: Os interesados/as presentarán o anexo II (documento para solicitude de admisión) no centro de Educación Secundaria que se solicita en primeiro lugar, xunto coa copia cotexada do DNI do alumno/a ou, no seu defecto, do Libro de Familia.

Prazo de presentación: do 1 ao 20 de marzo 

No caso de estar matriculado noutro centro de Educación Secundaria será necesario presentar certificado académico e informar da solicitude de admisión no centro de orixe.

 

Ø  2º Fase: Matrícula

 Feita a reserva ou solicitada a admisión é necesario FORMALIZAR A MATRÍCULA

 

·     Prazo ordinario: do 25 ao 10 de xullo. Para todo o alumnado de primaria e de secundaria con todas as materias aprobadas. 

 

·     Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro. Para o alumnado de secundaria con materias pendentes. 

 

Requisitos da matrícula: 

Cubrir o anexo III (impreso de formalización de matrícula) e presentalo na secretaría deste centro dentro dos prazos sinalados, achegando a seguinte documentación: 

-        Unha fotografía 

-        Fotocopia do DNI do alumno/a e dos pais/titores 

-        Fotocopia da tarxeta sanitaria 

-        Boletín de notas de 6º de Primaria ou da convocatoria extraordinaria de setembro 

-        Documento que acredite o pago do seguro escolar para o alumnado que solicita praza en 3º ou 4º da ESO 

-        Solicitude do NUSS para o alumnado que curse 3ª da ESO por primeira vez 

 

 

ALUMNADO do centro

martrícula PARA O CURSO 2014/2015


 O alumnado do centro terá que FORMALIZAR A MATRÍCULA 

 

  •   O alumnado que aproba todas as materias en xuño matricularase no prazo ordinario (do 25 ao 10 de xullo)
  •  O alumnado con materias suspensas deberá matricularse logo dos exames de setembro, no prazo extraordinario (do 1 ao 10 de setembro) 

 

 

Requisitos da matrícula: 

 Cubrir o anexo III (impreso de formalización de matrícula) e presentalo na secretaría deste centro dentro dos prazos sinalados, achegando a seguinte documentación: 

 -      -  Fotocopia do DNI se o renovou

-       -  Para o alumnado que se matricula en 3º e 4º xustificante do pagamento do seguro escolar  

-       -  Solicitude do NUSS para o alumnado que curse 3ª da ESO por primeira vez 

 

 

 

 *(Pódense descargar os anexos I, II e III na pestana Formularios)