Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2018/2019

Próximo libro do club de lectura

 

O libro de lectura seguinte será: "Escartin en Lima" de Fernando Lalana. Reunirémonos a finais de maio.

 

O novo libro do club de lectura

 

O noso próximo libro de lectura será Acabadora, de Michela Murgia.

Xa podes pedilo na Biblioteca.

Reunirémonos a finais de abril. Permanecede atentos.

 

 

 

Encontro para falar de "Instruccións para tomar café"

 

Club de Lectura Quiosco Cocó celebrou unha nova reunión o 27 de febreiro. Neste caso falamos de Instrucións para tomar café, de M. Núñez Singala. A moitos sorprendeulles este Núñez Singala que non coñecían, porque só leran del Camiños na auga o curso pasado, libro do que o propio autor nos viñera falar.

 

Instrucións para tomar café foi un libro que nos puxo a todos de acordo en certas cousas, como que deixa en evidencia a idiosincrasia galega, e que detrás de certos tópicos hai unha forma particular de concibirmos os galegos o mundo, a vida e as relacións sociais. E, sobre todo, que certos capítulos do libro reflicten fielmente a situación social e lingüística da Galicia actual.

 Destacouse, asemade, a xenialidade do autor á hora de tratar os temas, o uso do microrrelato e a súa habilidade para manexar a linguaxe. Todo enmarcado dentro dun sentido do humor que fai que o libro sexa fácil de ler, enganche ao lector e resulte imposible deixalo ata chegar á última páxina.

 

 

 

 

Encontro para falar do libro "Nada"

 

O pasado 19 de decembro tivo lugar o encontro dos membros do noso Club de Lectura para falarmos de Nada, de Janne Teller.

 En verdade, resultou un libro provocador, que suscitou reaccións moi diversas, e incluso encontradas, entre os que o lemos.

 Así, mentres algúns, sobre todo alumnos e alumnas, destacaron a tristeza que lles transmitiu, outros comentaron a dureza tremenda do argumento, e algúns tamén apuntaron o seu profundo realismo porque, sinalaban, poñía o dedo na chaga dos aspectos máis crueis da sociedade actual na que estamos inmersos.

  O diálogo foi frutífero e positivo, e o que quedou claro é que o libro non deixou indiferente a ninguén.

 

Próximo libro de lectura

 

Novo libro para o noso club de lectura: Instrucións para tomar café deManuel Núñez Singala.

Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser algo. Entre eles, por exemplo, un "libro de instrucións" para non galegos dirixido precisamente a estes.

Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.

 

 

 

 

 

O NOSO PRÓXIMO LIBRO SERÁ…

O NOSO PRÓXIMO LIBRO SERÁ…

 

Pierre Anthon descobre que en realidade nada importa na vida, polo que abandona a escola, sobe a unha árbore e adícase a filosofar diante dos seus compañeiros. Verdades coma puños saen da súa boca mentres os seus condiscípulos tratan de axudarlle demostrando que hai moitas cousas na vida que realmente pagan a pena, que teñen significado.

REUNIRÉMONOS O MÉRCORES, 19 DE DECEMBRO, DURANTE O RECREO

Encontro con Pedro Feijoo

 

Iniciamos as xuntanzas de “Quisco Cocó” cun convidado de luxo: o escritor Pedro Feijoo, que xa é a terceira vez que nos visita. E unha vez máis non defraudou. Desta volta o tema do encontro foi a súa obra Sen piedade, que deu pé a falarmos do acto de escribir, de para qué, das súas outras obras e da literatura en xeral. Tanto os rapaces e rapazas de 2º de bacharelato como os membros do Club de lectura quedamos engaiolados coa súa palabra.

 

 

 

Pedro Feijoo connosco

 

O vindeiro martes, 16 de outubro, Pedro Feijoo estará no recreo connosco para falarnos da súa obra "Sen Piedade". Acude.

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut