Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

Presentación ás familias do alumnado do IES Mendiño. 2024-2025

A presentación do centro ás familias do alumnado do IES Mendiño no curso 2024-2025 realizarase a semana do 16 ao 18 de setembro de 2024, segundo o documento que anexamos.

Agradecemos a todas as nais/pais/titores legais do alumnado que nos acompañen nesta reunión, onde estará presente o profesorado titor, a orientadora e o equipo directivo.

Agardámolos. Un saúdo,

A dirección do IES Mendiño

 

INICIO DE CURSO ESCOLAR 2024-2025

O mércores 11 de setembro de 2024 comeza o curso escolar 2024-2025 para o noso alumnado.

O horario de presentación será o seguinte:

- ESO: 8:30h. A presentación terá lugar ás 2 primeiras horas lectivas, onde o alumnado coñecerá ao profesorado titor dos respectivos grupos. A partir da 3ª hora xa continuará co horario habitual, até a finalización da xornada lectiva ás 14:00h.

- 1º BACHARELATO: 11:30h.

- 2º BACHARELATO: 12:30h.

Un saúdo,

A dirección do IES Mendiño

Axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2024-2025

Xa están dispoñibles as listaxes provisionais das axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2024-2025 (Orde do 7 de maio de 2024. DOG do 20 de maio de 2024).
Poden consultala no taboleiro de anuncios do centro.

O prazo de reclamación é de dous días: mércores 10 de xullo e xoves 11 de xullo de 2024.

Atte.,

A dirección do IES Mendiño

Período de matrícula do alumnado para o curso 2024 - 2025.

Boas,

Entre o 26 de xuño e o 7 de xullo está aberto o prazo de matrícula no IES Mendiño para o próximo curso escolar, 2024-2025. Para facilitar a xestión das matrículas e axilizar o proceso, establecimos o seguinte calendario de matrícula:

HORARIO DE ADMINISTRACIÓN E MATRÍCULA: 8:30h - 13:30h

  • 1º de Bacharelato: 26 de xuño de 2024.
  • 2º de Bacharelato: 27 de xuño de 2024.
  • 4º ESO: 28 de xuño de 2024.
  • 3º ESO: 1 de xullo de 2024.
  • 2º ESO: 2 de xullo de 2024.
  • 1º ESO: 3 e 4 de xullo de 2024.

Libros de texto. Curso 2024-2025

Prazos e procedemento para as reclamacións das cualificacións finais en 2º de Bacharelato

Instrución 10/23 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso do bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO. CURSO 2024-205

Todas as solicitudes de admisión para ESO e Bacharelato presentadas en prazo (do 1 ao 20 de marzo) ESTÁN ADMITIDAS.

Este alumnado terá que formalizar a súa matrícula a fins de xuño, nas datas que publicaremos proximamente.

Agradecemos a confianza depositada no noso centro.

Un saúdo,

A dirección do IES Mendiño

Información sobre o proceso de admisión da ESO e do Bacharelato para o curso 2024-2025

Todo o alumnado dos centros adscritos do IES Mendiño, tanto de Educación Primaria como de Educación Secundaria, que  solicitaron reserva de praza para cursar 1º ESO e 1º Bacharelato durante o prazo de reserva, FOI ADMITIDO. Terán que presentar o impreso de matrícula no período ordinario,  a partir do  27 de xuño de 2024.

Grazas por confiar no noso centro.

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2023-2024

Este luns 11 de setembro comeza o curso escolar 2023-2024 no IES Mendiño. Arrancamos no horario habitural, de 8:30h - 14:00h e, ao ser luns, en xornada vespertina de 16:15 - 17:55h. Funcionará o servizo de transporte escolar con total regularidade (informamos da situación do alumnado de Bacharelato a través dun Abalar enviado esta semana).

HORARIO DE PRESENTACIÓNS:

  • ESO: 08:30H
    • 1º e 2º ESO: Agardarán na entrada principal, onde o profesrado titor irá chamando ao aumnado para que os acompañen á aula correspondente.
    • 3º e 4º ESO: Irán ao pavillón do centro, onde o profesrado titor irá chamando ao aumnado para que os acompañen á aula correspondente.
  • 1º BACH: 11:30H
    • Agardarán na entrada principal, onde o profesrado titor irá chamando ao aumnado para que os acompañen á aula correspondente. Posteriormente á presentación, s clases comezarán este mesmo luns pola tarde.
  • 2º BACH: 13:10H
    • Agardarán na entrada principal, onde o profesrado titor irá chamando ao aumnado para que os acompañen á aula correspondente. Posteriormente á presentación, s clases comezarán este mesmo luns pola tarde.

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 1º ESO:

  • LUNS 11 DE SETEMBRO, ÁS 18:00H.
  • Haberá unha prestnación do curso escolar, coa presenza do profesorado titor, do deparamento de orientación e dos membros do equipo directivo. Posteriormente as famlilas acompañarán a cadansúa titora das súas fillas/os e terán un breve encontro na aula do grupo de 1º ESO correspondente.

Un sáudo,

O equipo directivo do IES Mendiño

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut