Skip to Content

Ligazóns importantes

Emails do profesorado                                                        Horarios de atención a nais e pais

2014/2015

Actividade do Obradoiro de Comunicación Oral e Escrita de 3º ESO: "A violencia de xénero contra a muller"

Rematamos o curso cunha fermosa exposición de traballos realizados no Obradoiro de Expresión Oral e Escrita. Os rapaces e rapazas de 3º de ESO que cursan esta materia, dirixidos pola súa profesora Catalina, aprenderon a buscar información, a interiorizala, a transmitila de xeito oral e escrito, a desenvolver un espírito crítico co mundo que os rodea, a gozar do que aprenderon e, asemade, a compartilo connosco.

Aínda que xa o dixemos noutras ocasións, cómpre repetilo de novo: “Estudar é pensar, saber e tamén disfrutar”.

Podedes comprobar o que dicimos pinchando nestas fotos e, se queredes, podedes vir comprobalo “in situ” na cafetaría do noso centro.

 

 

 

 

 

 

Teatro radiofónico con 3º ESO

Samuel Costas, Luís Díaz, Tamara Fernández, Gloria Perrino e Patricia Villar, acompañados pola súa profesora  da materia de Obradoiro de Expresión Oral e Escrita Catalina estiveron en “Radio Redondela”, o 1 de xuño. Leron fragmentos de diferentes obras de distintos autores: A porta pechada de J. Paul Sartre, Así que pasen cinco anos de F. García Lorca que previamente traballaran na aula.

 A actividade resultou marabillosa: o alumnado entendeu e disfrutou unha vez máis da literatura. Os nosos rapaces e rapazas emocionáronse interpretando estas pezas dialogadas e viviron unha nova sensación. Aínda que os nervios batuxaban dentro deles, a alegría e o entusiasmo foron quen de vencelos e a tarde resultou magnífica.

Podedes escoitalos nesta nosa páxina e tamén en Radio Redondela os venres, desde as 11:30 ata as 12:30 horas.

 O noso agradecemento ás mozas de “Radio Redondela” polo seu bo facer e pola súa cariñosa atención e colaboración.

 

 

 

Exposición de traballos de Tecnoloxía de 3º de ESO

Do día 11 ao 19 de xuño disfrutamos, na entrada do noso centro, dunha interesante exposición dos traballos realizados por alumnado de 3º de ESO na materia de Tecnoloxía.

Pinball, muíños de vento, futbolín, ascensores… Imaxinación e diversión asemade. Volvemos repetir aquilo de … Quen dixo que estudar non podía ser divertido?

Velaquí unha pequena mostra que non minte, premendo na imaxe.

 

 

 

 

 

Graduación de 2º de Bacharelato

Xuño chega petando paseniño na porta. Mes de sardiñas, calor, praia, notas, selectividade representada no monstro da Coca… E con xuño chega tamén ese acto agridoce –como as cousas importantes da vida- que nos din que o tempo pasa e a aqueles mendiños que recibimos sendo nenos despedímolos agora como homes e mulleres prestos a comezar unha nova andaina docente.

O acto, celebrado o venres, 5, no Multiusos da Xunqueira, estivo –coma sempre- salpicado de emoción, dinamismo, sorrisos e mesmo algunha bágoa agochada, calada.

 Os nosos mendiños e mendiñas impresionantemente guapos, regaron o acto cun discurso que deitaba intelixencia, simpatía e sensibilidade. Claudia, Alba, Adrián, Gonzalo e Rodrigo, alumnos e alumnas da materia de Música de 2º de Bacharelato, estupendamente preparados pola súa profesora Josefa, agasalláronnos con tres fermosas pezas musicais. E Ainoa, Martín e Lucas, alumnos de 1º de ESO, marabillosamente preparados pola súa profesora de Lingua castelá Catalina sorprenderon ao auditorio co recitado dun fermoso poema de Pablo Neruda. A xeración máis nova despedindo a xeración máis vella do Mendiño.

Vaian desde estas páxinas, e desde o noso corazón, os mellores desexos para estes rapaces e rapazas.

Dái da Ciencia en Galicia

O alumnado de 4º de Diversificación, dirixidos pola súa profesora de Ámbito científico, Mila, realizou un importante traballo que deu como froito unha interesante exposición de carácter científico.

Tratábase de conmemorar o Día da Ciencia en Galicia cunha homenaxe á Ángeles Alvariño, muller ferrolá pioneira da Oceanografía. Nesta exposición recóllese tamén a importancia dos parques naturais,  a necesidade de coidalos, protexelos e desfrutar deles: Cíes, Ons, Cortegada, Sálvora… ou mesmo se recollen algúns debuxos de ciencias do artista Leonardo da Vinci.

Preme na imaxe

 

 

 

 

Saída a Santiago de 1º ESO

O alumnado de 1º de ESO de Relixión Católica realizou unha visita a Santiago o venres, día 5 de xuño, para asistir, no Museo das Peregrinacións, á visita didáctica “Había unha vez… Santiago de Compostela”.

Foi unha oportunidade magnífica para coñecer a historia desta fermosa cidade: o proceso de construción da catedral, romeiros ilustes, códices, anécdotas do Camiño e mesmo composteláns salientables como as dúas Marías. Logo, no incomparable marco da Praza da Quintana e do Obradoiro comemos un bocadillo cargado de historia, de arte e de poesía.

 

 

 

 

Saída ás Illas Cíes

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato pasou un día estupendo nas fermosas Illas Cíes o 2 de xuño. Unha agradable viaxe en barco, o arrecendo do mar e o sabor salgado da auga  fixeron as delicias dos nosos rapaces e rapazas. Disfrutaron dun día estupendo, dun tempo magnífico e do pracer de compartir todos isto cos compañeiros e compañeiras de clase.

 

 

 

 

“Redes sociais en educación”

O xoves, 28 de maio, o profesor Pedro Cuesta Morales  (que imparte docencia na Escola Superior de Enxeñería Informática de Vigo) compartiu cos rapaces e rapazas de 4º de ESO a presenza innegable das redes sociais na nosa vida en xeral e na educación en particular. O alumnado participou activamente nesta charla na que se repasou a actualidade, a utilidade de Internet  e as redes sociais na aprendizaxe.

O noso agradecemento ao profesor Pedro Cuesta.

 

.

O alumnado de 1º de ESO vai aos títeres

O alumnado de 1º de ESO asistiu á representación da obra ADIÓS BIENVENIDA (Bvenbvida), do grupo catalán Mimaia-Teatro.

 Os rapaces e rapazas e os mestres e mestras disfrutaron moito con esta obra, que escenificaba a vida de Bvenbvida, gatiña que rexenta unha humilde taberna na que o prato estrela é a sardiña. A vida da protagonista é unha sucesión de dificultades contra as que loita e que acaba superando, semellante a un náufrago que ten que nadar e nadar para manterse a flote. Á súa vida chegan e marchan persoas para ela importantes, tal e como é típico dun porto mariñeiro.

Ao final, coma todos, Bvenbvida vaise, pero outros chegan e a vida  segue…

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.

Charla "Publicidade creativa"

A profesora  Beatriz Feijoo, que imparte docencia na Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación en Pontevedra, captou a atención e o interese do alumnado de 3º de ESO, o 27 de maio, sobre esa publicidade coa que tanto nos bombardean na nosa vida diaria, que nos leva a consumir determinados produtos e que mesmo actúa modificando, sen nos decatarmos, a nosa conduta e os noso hábitos consumidores.

 O noso agradecemento á profesora Beatriz Feijoo.

 

 

 

Distribuir contenido

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut