Skip to Content

Ligazóns importantes

Emails do profesorado                                                        Horarios de atención a nais e pais

Normas da biblioteca

Normas da biblioteca 2021-2022

Publicamos as normas da biblioteca do IES Mendiño para este curso 2021-2022. Como poderán observar, responden ás medidas tomadas no centro dentro da adptación do Plan COVID-19 do IES Menidiño.

Poden consultalas premendo na ligazón.

Normas da biblioteca

 

Co obxectivo de acadar un clima agradable de traballo e estudo, na Biblioteca:

** debes gardar silencio e terás que estar ocupado/a nalgunha tarefa.

** non te poderás levantar de forma reiterada nin establecer tertulias.

** non se pode consumir comida ou bebida, e tampouco entrar no espazo da Biblioteca con ela.

** está prohibido o uso de móbil, ou calquera reprodutor de música.

** non podes traballar en grupos de máis de catro persoas, agás se o profesor ou profesora considera oportuno ampliar esta cifra por razón pedagóxicas.

** evita en todo momento molestar ós demais. Se tes dúbidas, pregunta ao profesor/a encargado/a da Biblioteca.

** coida os materiais para evitar deterioros ou perdas.

** cando devolvas libros ou outro material deberás entregarllos á persoa encargada. Non os coloques ti nas estanterías.

** cando abandones a Biblioteca deberás deixar os materiais consultados no lugar correspondente e as cadeiras pegadas ás mesas.

** existen normas específicas que regulan o uso dos ordenadores e a navegación a través de Internet.

 

 

Distribuir contenido

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut