Skip to Content

Ligazóns importantes

Emails do profesorado                                                        Horarios de atención a nais e pais

Proxecto lector

Hora de ler 1º ESO A

Queremos que vexades estas simpáticas fotos que tiramos dos rapaces e rapazas de 1º de ESO-A cando estaban a disfrutar dos libros na “Hora de ler”. Xa sabedes que forma parte  do Proxecto Lector do noso centro, que todas as semanas poñemos en práctica adicándolle unha hora lectiva á lectura.

 

 

 

Proxecto lector

O IES Mendiño presenta as seguintes actividades dentro do Plan Lector Anual:

A. Mellora das competencias lectoras.

1. Técnicas de traballo intelectual. En todas as áreas se exercitan as técnicas lectoras como parte fundamental da adquisición dos coñecementos.

2. Traballos de investigación. Os departamentos programan traballos que implican unha lectura e selección de contidos adecuados.

B. Actividades sistemáticas de lectura:

1. Hora de ler”. Unha hora semanal de lectura individual, libre e silenciosa.

2. “Lecturas complementarias”. Os departamentos programan lecturas de libros recomendados.

C. Actividades voluntarias de lectura:

1. Club de lectura”. Lectura dun libro mensual para comentario e debate. É unha práctica de socialización e creación de comunidade de intereses ao redor dos libros e da lectura.

2. Libro do mes”. Lectura voluntaria dun libro que se propón desde a biblioteca escolar.

3. Lecturas recomendadas”. Os departamentos recomendan lecturas de ampliación do currículo escolar.

D. Fomento da lectura:

1. Celebración das conmemoracións literarias como o  Día das Bibliotecas, o Día do Libro ou o Día das Letras Galegas que implican a lectura de cando menos textos seleccionados.

2. Encontros con escritores que presentan un libro que foi lido previamente.

 

Distribuir contenido

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut