Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Localización

SITUACIÓN

O Instituto de Ensino  Secundario Mendiño está situado na vila de Redondela. Atópase nunha antiga xunqueira que formaba parte das marismas de Redondela. Está, polo tanto,  en terreos gañados ao mar. O enderezo completo é IES Mendiño, avenida Mendiño  Nº 40, Redondela, Pontevedra.

O IES Mendiño está nestas antigas marismas que actualmente se converteron na área de equipamentos  públicos de Redondela.Na mesma zona están un colexio de primaria, outro  instituto da ESO, o centro de saúde, a comisaría de policía, a confraría de  pescadores e a casa do mar. Nesta mesma zona, celébrase a feira de Redondela os  días 6 e 21 de todos os meses, coñecidas en toda a comarca pola gran afluencia  de persoas que acoden a ela.

Estamos situados, polo tanto, ao norte do centro urbano de Redondela, nun edificio de tres volumes rectangulares, conectados entre si. O volume principal consta de planta baixa e dúas plantas e atópase comunicado cos outros dous. No segundo volume está a vivenda do conserxe e no terceiro a sala de usos múltiples e a biblioteca.

 

 

 

O aspecto exterior é dun edificio rectangular de baixo e dúas plantas revestido de morteiro monocapa de color granate.

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut