Durante este mes de novembro de 2021 vaise proceder a renovación parcial parcial do Consello Escolar do IES Mendiño. Este proceso, que ten lugar cada dous anos, foi o curso pasado debido á situación xerada pola pandemia.
Nesta páxina iremos incluíndo a documentación relativa ao proceso electoral, a medida que se vaian producindo.
- Sorteo público dos membros titulares e suplentes da xunta electoral. Venres 29/10/2021, ás 9:30 h., no despacho de secretaría do IES Mendiño.
Calendario electoral: Documento
- Datas fundamentais:
- Prazo de presentación de candidaturas: do 5 novembro de 2021 ás 13:00 h. do 16 de novembro de 2021. A presentación da candidatura farase na secretaría do centro.
- 24 de novembro de 2021: Votacións do sector alumnado.
- 25 de novembro de 2021: Votacións dos sectores do profesorado, nais/pais e PAS.
- Resolución da Xunta electoral coas propostas de calendario:
COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO IES MENDIÑO (19 membros):
- Membros natos (3): Dirección, xefatura de estudos e secretaría.
- Membros elixibles:
- Profesorado (7): a renovar 6 nesta convocatoria.
- Alumnado (4): a renovar 4 nesta convocatoria.
- Nais/pais/titoras legais (2): a renovar 1 nesta convocatoria.
- Persoal de Administración e Servizos (1): a renovar 1 nesta convocatoria.
- Membros designados:
- 1 representante das persoas responsables de alumnado designado pola ANPA.
- 1 representante do Concello de Redondela, proposto polo mesmo.
O Consello Escolar é fundamental nun centro educativo. Só podemos darlle vida e a comunidade educativa participa de maneira activa. Por iso vos animamos a participar nestas eleccións, tanto exercendo o voso dereito ao voto, como presentándovos coma candidatas ao Consello Escolar.
Normativa: