Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2014/2015

Última xuntaza do curso

O noso Club de lectura “Quiosco Cocó” realizou a súa última e refrescante xuntanza do curso 2014-15. Moito se falou sobre Dragal , da escritora Elena Gallego que, por certo, xa estivo no noso centro este curso.

Este verán moitos dos membros do noso Club van ler a segunda, terceira e cuarta parte desa obra na que se conxuga misterio, amor, e outras cousas. Aquí vos deixamos a páxina (http://www.dragal.info/2/) na que podedes atopar un trailer realizado a partir do libro. E tamén vos deixamos o que, sobre deste, realizaron algúns dos nosos rapaces de 3º de ESO.

 

Dragal I: A herdanza do dragón

Xa temos novo libro no “Quiosco Cocó”. Nesta ocasión, imos ler a primeira parte da triloxía Dragal. A herdanza do dragón  de Elena Gallego, escritora que xa estivo con rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO que leran esta novela e/ou a titulada Sete caveiras, tamén da súa autoría. Aqueles e aquelas que xa disfrutaron da 1ª parte de Dragal poden ler agora a 2ª: A metamosrfose do dragón .

Así que xa sabedes… o convite está feito. Xa sabedes venres 29 de maio quedamos para falarmos da novela.

 

Como sempre, saúdos lectores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA “QUIOSCO COCÓ”

Rematamos o mes de abril do mellor xeito posible: falando de libros, comendo churros, bebendo chocolate... O causante destes bos momentos foi o libro de Cornelia Funke: Corazón de tinta.

Novela que lles encantou aos nosos rapaces e rapazas; case poderiamos dicir que foi un dos que máis lle gustou aos membros máis novos do noso “Quiosco Cocó”, como se puxo de manifesto na fonda análise que del fixeron. Destacaron fundamentalmente que é unha novela na que o tema é o amor aos libros e os protagonistas son, xustamente, os propios libros. Como única pexa para algunha das nosas rapazas, o final, pero só porque as deixou un pouco “descolocadas”. Con todo, a pega é pouco importante porque xa están a ler a segunda parte: Sangre de tinta. Xa vos iremos contando.

Saúdos lectores para este mes de maio que imos comezar de parte do “Quiosco Cocó”.

 

O 30 de abril nova xuntanza

Desta volta o libro elixido foi Corazón de tinta, da autora Cornelia Funke. Viaxaremos agora polo mundo da fantasía, da maxia; viviremos aventuras de amor aos libros e, por veces seranos pouco doado distinguirmos a fantasía da realidade, o ben do mal. Unha fantástica e entretida novela quewpensamos ha gustar a todo o mundo, especialmente ao noso alumnado. Lede esta obra e non esquezades virnos achegar a vosa opinión a finais (o 30) deste mes de abril, mes de primavera e de ilusións. A conversa e o chocolate de Fon espéranvos.

 

 

Encontro co escritor Pedro Feijoo

Unha vez máis, o 27 de marzo, tivemos a honra e a sorte de termos connosco ao escritor Pedro Feijoo. Non só compartiu con nós chocolate e palabras senón que tamén soubo escoitar atentamente o que os membros do club de lectura “Quiosco Coco” lle dicían ou lle preguntaban. Foi unha xuntanza moi agradable na que o escritor, de xeito moi cordial e sinxelo, atraeu a atención de todos os quioscanos.

Todos e todas os asistentes ao encontro salientaron o abraiante feito de crear unha intrigante historia a partir de poemas de Rosalía de Castro. Todos e todas louvaron a sinxeleza e humildade do escritor á hora de compartir con nós o seu benfacer literario. E todos e todas agardamos expectantes a súa próxima novela. Ben sabe o autor que ten un nós uns fieis e gustosos seguidores.

Os nosos parabéns e o noso agradecemento para Pedro Feijoo.

 

 

ENCONTRO DE PEDRO FEIJOO CO CLUB DE LECTURA “QUIOSCO COCÓ”

Xa o podemos confirmar: Pedro Feijoo (A memoria da choiva) estará no noso  Club de lectura “Quiosco Cocó” o día 27 de marzo. Xa sabedes, amigas e amigos lectores, temos unha cita o venres, 27 de marzo, ás 11:00 horas, na nosa Biblioteca. Agardámosvos. O chocolate e os churros animarán –coma sempre- a nosa xuntanza.

 

 

SEGUNDA XUNTANZA E PRÓXIMA LECTURA

O día 30 de xaneiro, coincidindo coa celebración do”Día da paz”, xuntámonos no “Quiosco Cocó” para falarmos do libro La tropa del arco iris, un libro que non deixou indiferente a ninguén, que provocou sentimentos de ternura en moitos dos que o leron.

 O seguinte libro elixido polos membros do noso club é A memoria da choiva de Pedro Feijoo. Estamos vendo a posibilidade de que o propio autor estea presente nesta xuntanza, cuxa data confirmaremos proximamente.

                                                   

 

 

 

2ª XUNTANZA DO CLUB

Xa temos día para a nosa xuntanza, o venres 30 de xaneiro, un día sinalado no que tamén celebraremos o “Día escolar da non violencia e da paz” (aínda que xa sabemos que todos os días deben ser días contra a violencia e a prol da paz).

Reunirémonos –coma sempre- na Biblioteca, acompañados do chocolatiño de Fon para falarmos da novela A tropa do arco iris de Andrea Hirata. Que mellor xeito de celebrar este día!

 Non faltedes. Aproveitade o Nadal para desfrutar e non esquezades que ler un libro é tamén pasalo ben.

 Deica a volta, amigos e amigas lectoras.

 

2º Libro de lectura do curso: "La tropa del arcoiris" de Andrea Hirata

Portada do libro, o seu autor Andrea Hirata e o cartel da películaAínda que xa vos confirmaremos a data, podedes aproveitar este Nadal para lerdes esta estupenda novela, que seguro vai ser do agrado de todas e todos.

 

Un saúdo lector

 

1ª XUNTANZA DO CLUB: "EL JUEGO DE ENDER"

A piques xa de rematarmos o mes de novembro, membros do “Quiosco Cocó” volveron xuntarse na Biblioteca para falaren a respecto do libro lido El juego de Ender. Non só se falou da novela, tamén da versión cinematográfica que sobre dela se realizou e que moitos dos nosos rapaces e rapazas pudieron ver o día no que celebramos o Magosto.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes para ver se vos animades a vir á próxima sesión do noso Club Lector na que falaremos do libro La tropa del arcoiris de Andrea Hirata (Xa vos informaremos da data de xuntanza).

 

Animádevos! Xa sabedes… conversa, chocolatada e lecer.

 

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut