Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2015/2016

O libro para xuntanza-coloquio do próximo 20 de xuño

O vindeiro luns 20 de xuño teremos a última reunión do club deste curso. Nela charlaremos sobre o libro de Ledicia Costas: "O corazón de Xúpiter"

.

Reunión do 12 de maio: "Coloquio de perros"

O xoves, 12 de maio, reuniuse de novo o Club de Lectura “Quiosco Cocó”. Nesta ocasión tocaba falarmos de Cervantes e, en concreto, de  Coloquio de perros. Encantounos comprobar como os nosos rapaces e rapazas entenderon perfectamente ben a maxia narrativa de Cervantes: o seu grande inxenio, a súa capacidade crítica, a súa inmensa cultura... Practicamente todos leron tamén El casamiento engañoso. E disfrutaron coas historias deste gran escritor español. Antía apuntaba, ao falarmos dos diferentes amos que tivera Berganza, o feito de lle lembrar a novela picaresca El lazarillo de Tormes.

O chocolate e os churros que Alfonso –coma sempre- nos serviu deron gusto ao padal e fixeron que, malia ser un libro en principio un pouco denso e se cadra un chisco difícil de entender para o noso alumnado máis novo, se propiciase unha agradable e ao mesmo tempo simpática posta en común, facilitanda sobre todo polos aspectos de intrahistoria da época que o libro amosaba ao longo das súas páxinas.

 

.

Reunión do 31 de marzo: "El secreto de la modelo extravíada"

O xoves 31 de marzo reunímonos os membros do club para falar do libro de Eduardo Mendoza, El secreto de la modelo extraviada.

Estivemos de acordo en que a narración é por veces máis que divertida, difícil quedar á marxe e non ceibar a gargallada ante certas pasaxes, as intrigas que se sucéden  puxan pola lectura. O disparate e, por veces, o absurdo impregnan a obra e crean un estilo que os máis dos membros do club gabaron, algún fala de exceso.

Foi comentado o valor simbólico do nome dalgúns personaxes : señorita Westinghouse, Cándida…; a trama resulta divertida, pero tamén se deixa ver un pouso de denuncia social, contrasta ao longo da novela a presenza de seres marxinais nunha Barcelona caótica xunto a unha alta sociedade vacía moralmente.

Diversión pois nesta escolla.

.

O próximo libro do Club

O próximo libro de lectura do noso club será El secreto de la modelo extraviada, de Eduardo Mendoza.

 A novela está centrada nun detective un tanto estrafalario que xa ocupou as páxinas doutras obras do autor. As peripecias e lances protagonizadas por el sucédense a un ritmo frenético, ao tempo que nos amosan situacións disparatadas e incluso absurdas. Todo ambientado na Barcelona actual e na de hai 20 anos.

 Humor, ironía, parodia, ata sarcasmo enchen as páxinas do libro. Por todo isto esperamos pasar un bo rato coa súa lectura. E dela daremos conta na seguinte reunión do noso club, que será o xoves, 31 de marzo. E, coma sempre, arredor da nosa chocolatada.

                                          

 

.

 

 

 

Reunión do Club o 28 de xaneiro de 2016

O xoves 28 reunímonos arredor do noso xa tradicional chocolate para falarmos do libro La mecánica del corazón, de Mathias Malzieu.

Coincidiron todos os membros do club en que fora unha obra moi do seu gusto, coa que disfrutaron lendo, e coa que reflexionaron sobre os valores de respecto aos demais, de solidariedade, amor…

Destacaron o personaxe principal por amar ata tal punto que fai sufrir ao seu particular corazón, así como a profundidade doutros personaxes que percorren as páxinas do libro: as prostitutas, a doutora, o inventor do cine, etc., que pese a pertenceren a ambientes marxinais e levaren unha  vida distinta, están cheos de humanidade, sensibilidade e tenrura.

Claudia e Rocío comentan o libro no seguinte vídeo:

 

 

.

Próxima reunión

O xoves 28 de xaneiro reunímonos no recreo, como sempre na Biblioteca ao redor dunha chocolatada, para comentar o libro de Mathias Malzieu "La mecánica del corazón".

 Gozade da lectura do libro e esperámosvos.

                                      

 

 

 

Xuntanza co libro "Escarlatina, a cociñeira defunta"

O, 26 de novembro, durante o recreo, o club de lectura “Quiosco Cocó” reuniuse arredor da nosa tradicional chocolatada para falar sobre a obra elixida para esta primeira xuntanza, Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas.

A obra foi do gusto de todos os presentes, que comentaron aspectos destacables, como a tenrura coa que está tratada a protagonista do libro, a pequena Escarlatina, así como o aspecto gastronómico do libro, que seica incitou a algún a poñer mans á obra nas cociñas das súas casas para ensaiar algunha das receitas de Román.

Tamén se falou da morte, tema tratado con naturalidade e incluso con comicidade, e que a alguén lle evocaba outras obras da literatura galega como Memorias dun esquelete, de Castelao.

E, como algún dos rapaces xa leran o libro, decidiron ler tamén outra obra da autora, O corazón de Xúpiter, polo que esta obra  tamén foi obxecto de comentario.  Como pode verse, a reunión foi do máis completa e interesante.

En resumo, quedamos satisfeitos co chocolate e as galletas, pero quedamos con ganas de ler máis. Así que a semana que vén temos una xuntanza para decidirmos, tras escoitar as propostas que se traían, cal será a vindeira obra para o noso “Quiosco Cocó”

 

 

 

Despois da primeira xuntanza...

Volve o noso club de lectura. O mércores, 14 de outubro, tivemos a nosa primeira xuntanza. Falamos de libros, coma sempre. E decidimos que o primeiro que imos ler é o escrito por Ledicia Costa: "Escarlatina, a cociñeira defunta". Como algún dos novos membros do noso club xa coñecen esta historia, van ler a novela, da mesma autora: "O corazón de Xúpiter".

O día 26 de novembro, xoves,  ás 11 horas volvémonos reunir na nosa Biblioteca para falarmos destas lecturas.

Convidámosvos a que esteades connosco e comprobedes que ler e compartir opinións é moi divertido.

Saúdos lectores.

 

 

 

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut