Skip to Content

Taboleiro de novas

Proxecto Edixgal

Como ben sabedes o centro está inmerso no Proxecto Edixgal da Consellería de Educación , polo que o alumnaodo de 1º e 2º da ESO dispón dun ordenador portátil en concepto de préstamo.

Nesta web e nos portátiles do alumnado dispoñedes dunha pegatina cun código Qr que podedes escanear e na que podedes atopar información importante sobre o proxecto, entre outra:

Folleto Informativo ás familias con información dos teléfonos aos que chamar en caso de problemas co equipo ou dúbidas, así como de un seguro opcional que podedes contratar se o considerades oportuno.

Un Saúdo

A Dirección

 

INICIO DO CURSO 2020_21

PUBLICAMOS INFORMACIÓN IMPORTANTE DE CARA AO INICIO DO CURSO 2020_21

  • INICIO DA ACTIVIDADE lECTIVA: 

Dadas as circunstancias sanitarias e a necesidade de formar correctamente ao alumnado nos diferentes procedementos relacionados co “Plan de Adapatación a situación Covid do IES de Meaño”, a acollida ao alumnado farase de xeito escalonado, como pode verse no seguinte cadro:

    •     O primeiro día o único material que precisan é un caderno e un bolígrafo.
    •     O alumnado de 2º ESO traerá o primeiro día o seu ultraportatil cargado.
    •     O servizo de transporte funcionará de xeito habitual. (pódense consultar paradas e itinerarios na web do centro.
    •     O alumnado de 4º non poderá acudir ao centro antes das 11h do Venres 25
    •     O segundo día de clase de cada nivel, o alumnado incorporarase no horario habitual.

 

  • 1º DA ESO- REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE SE INCORPORA A 1º DA ESO

                    Será o Martes 22 de setembro as 19:30h no Pavillón do centro

  • REUNIÓN DAS FAMILIAS COS TITORES DE CADA GRUPO:

          Dadas as circunstacias sanitarias NON SE LEVARÁ A CABO a reunión presencial cos titores que adoita ser habitual, os titores contactarán coas familias a través de Abalar Móbil

 

DOCUMENTOS DE ADAPTACIÓN DO CENTRO A SITUACIÓN COVID:

 

Será un ano diferente pero co compromiso de todos seguro que saimos adiante.Grazas pola vosa colaboración e compresnsión nestes tempos tan imprevisibles.

Un saúdo 

A Dirección

Adiamento do inicio do curso

A Consellería de Educación ven de anunciar o adiamento do inicio do curso para os días 23,24 e 25 de Setembro.

Tan pronto como a Consellería  nos comunique o profesorado co que contaremos no IES de Meaño, para o curso 2020/21, tomaremos as decisións sobre desdobres de grupos e asignación de profesorado aos mesmos, e poderemos rematar de organizaer o inicio de curso e informar a comunidade educativa do desenvolvemento do mesmo.

A Dirección

Resolución Definitiva Fondo Libros e axudas material 2020_21

Resolución Definitiva do Fondo Solidario de Libros de texto .(3º e 4º ESO) e axudas de material para o curso 20_21 xa está `publicada e pode consultarse no taboleiro do centro ou a través da web Fondolibros (necesaria chave 365 ou certificado dixital)

 

Nela pódese consultar as materias e libros asignados a cada alumno.

  • A aplicación informática da Consellería é a que asigna os libros os alumnos de xeito automático, en función da renda, polo que o centro non pode decidir cales son as materias dos libros que se lle asignan a cada alumno.
  • Comezado o curso escolar enviarase, a través do alumnado,  un documento ás familias selado polo centro coa lista de libros entregados ao alumno. As Familias deberán devolver este documento asinado canto antes para deixar constancia documental da entrega, e seralles devolto asinado pola dirección.
  • Os libros serán entregados aos alumnos no centro  polo profesor na súa materia paulatinamente,o longo dos primeiros días de curso.

 

  • AXUDAS MATERIAL:  Os pais/nais/titores legais poden vir a​ ​recoller​ ​os​ ​cheques​ ​de​ ​axudas​ ​para​ ​mercar​ ​material​ ​escolar. Deberán vir a recollelos en persoa ao centro en horario de 9 a 14h. En caso de non poder acudir poderán autorizar a algúen mediante  este documento .

O alumnado de 1º ESO e 2º ESO non participa no FondoLibros da Consellería por estar no proxecto EDIXGAL.De todas formas, para as materias que non están integradas en EdixGal e que teñen libro de texto, o centro repartirá durante a primeira semana de curso, entre o alumnado, os libros dos que dispón de xeito correlativo comenzando pola Letra "A" ata rematar as existencias, como foi acordado no Consello Escolar.

 

Un saúdo 

A Dirección

INFORMACION IMPORTANTE SETEMBRO 2020

Achégase información importante de cara ao desenvolvemento das probas extraordinarias de Setembro (os horarios de entrega do boletin de notas cambiaron), e algunhas consideracións de cara ao inicio de curso.

Iremos achegando máis información de cara ao inicio de curso nos vindeiros días, sempre a través da web e de Abalar Móbil.

 

INFORMACIÓN SETEMBRO 2020

 

Un saúdo

 

A Dirección

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Trátase de actividades que están financiadas parcialmente pola administración educativa e que se desenvolven nos meses de xullo e agosto. Consideramos que poden resultar de moito ineterese para o alumnado de cara a mellorar o seu desenvolvemento en lingua Inglesa.

Se precisades axuda podedes acudir o centro.

Aqui tedes a información elaborada polo centro

Aqui podedes consultar  a información da consellería.

Un saúdo

A Dirección

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Logo de realizado o proceso de reserva de prazas para os centros adscritos ó IES de Meaño, pódese consultar o  número de prazas ofertadas por este centro para o curso 2020/21, e as intruccións para o proceso de solicitude de admisión, necesario só para alumnado de centros non adscritos ou que se incorporen ao sistema educativo. 

 Podedes consultar NO CENTRO ou na aplicación Admisioalumnado o listado de admitidos da reserva de praza para o curso 2012/21 do IES de Meaño.

 Recordamos que se poderá solicitar a admisión  do 1 ó 20 de marzo de 2020.

 

Un saúdo 

A Dirección

Obradoiro de esculturas literarias

Continuamos coa segunda fase do Obradoiro de esculturas literarias, na que o alumnado da primeira fase ensina ó resto de alumnado do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut