Skip to Content

Artigos de números anteriores

RADIO" ORELAS DE ONDEMAR"

" RADIO ORELAS DE ONDEMAR " O proxecto da radio xorde no 2009 cando a través do departamento de música e a dirección do I.e.s de Meaño, cando se busca una nova actividade na que involucrar a todos os alumnos do instituto . Esta singular radio tivo uns comezos difíciles, xa que nun principio a radio empregaba a megafonía do Instituto, polo que a calidade do son era mala, xa que se escoitaba distorsionado este e sobre todo debido a inesperiencia dos membros da radio . Pero recentemete a radio incorporou un equipo inalámbrico que permite emitir dende a aula de música a todas as aulas facendo que a calidade do son aumente. Esta radio recibiu o nome de " Orelas de Ondemar " e ven a realixar unha emisión semanal, en cada progama tratando un tema de interés ou algún tema de actualidade. Entre os membros do equipo da radio encontramos alumnos de diferentes cursos ( cuarto: Manuel e Luis, terceiro: Jose Ramón e Martín e segundo: Dario) e como presentadora temos a Rocía de cuarto. Aparte dos progamas tamén organiza outros eventos como emisións especiais como a do Magosto e a Semana da Paz, ademais de torneos como o Torneó de Axedrez realizado por Carnavais, no cal participaron metres e alumnos e do cal saleu victorioso Manuel Paz Castro.

SAÍDA DE EDUCACIÓN FÍSICA COS ALUMNOS DE 1º ESO

INFORMACIÓN EXTRAÍDA DA SAÍDA DE EDUCACIÓN FÍSICA COS ALUMNOS DE 1º ESO

A AUGA NA NOSA BISBARRA.

A auga é un elemento característico de Galicia, onde chove durante boa parte do ano, isto xunto coa súa orografía fai que os ríos galegos se caractericen por ser curtos, caudalosos e teñan un caudal constante durante todo o ano.

Na ruta podemos atopar unha serie de construcións típicas da arte tradicional galega e o magnífico mosteiro cisterciense de Armenteira.

a)      OS MUÍÑOS DE RÍO

O muíñoé unha máquina que utiliza a forza da auga do río para moer o gran. Para iso move dúas grandes pedras e no medio o gran. Estas grandes pedras son capaces de converter o gran en fariña, sexa de centeo, trigo ou millo.

Os muíños de río presentan dous tipos fundamentais: os de rodicio, coa roda motriz horizontal, que son os máis antigos e abundantes; e os de bruia, coa roda motriz vertical, que son máis recentes e se coñecen co nome de aceas. O muíño destinado ao trigo denomínasemuíño albeiro”.

b)    As serrarías.

As serrarías tradicionais galegas atopábanse a carón dos ríos para aproveitar a enerxía hidráulica. A auga canalizada movía unha roda de pás que facía á súa vez mover unha serra que cortaba a madeira ó xeito que decidirán os traballadores.

c)Os lavadoiros.

O lavadoiro é unha construción ao ar libre creada para o lavado da roupa a man, que en moitas ocasións forma parte do conxunto que encabeza a fonte, onde están as pías e pilóns. Forma parte da paisaxe rural galega, normalmente teñen un teito e resultaban ser un lugar de encontro e relación entre as mulleres da aldea.

Os lavadoiros xurdiron como unha necesidade lóxica para que os vecinos tivesen lugares onde lavar a súas roupas. Aínda se lembra hoxe o cheos que estaban de mulleres que mañá e tarde acudían a estes lugares a faceren a bogada. Pero mentres se estaba a realizar este labor os lavadoiros convertíanse en lugares de “reunión social” onde as lavandeiras comentaban as novidades da veciñanza, polo que moitas veces remataban sendo lugar de discusión e enfrontamento.

O Concello de Meaño conta cun total de trinta e cinco lavadoiros públicos. A meirande parte foron construídos entre os anos 1939 e 1975.

d) MOSTEIRO DE ARMENTEIRA.

Situación e historia.

Ero, cabaleiro da corte de Alfonso VII, casado, non tiña fillos, o que era causa de dor para el e para súa muller. Por intercesión da Vixe María  pedía a Deus un herdeiro. Unha notite, ámbolos dous tiveron un soño: a virxe aseguroulles que era vontade de Deus que tivesen moitos fillos espirituais. Entón Ero decidiu converter un dos seus pazos no Mosteiro de Santa María de Armenteira, converténdose no seu abade. Ero solicitou monxes cistercienses a San Bernardo de Claraval, quen mandou catro monxes.

Un día atópase sumido en dúbidas sobre o máis aló. Inquedo, camiña fóra do mosteiro ata que escoita o canto dun paxariño. Cando este canto acaba e regresa ó mosteiro, nada é igual. Pasaran douscentos anos.

Lenda repetida en numerosos mosteiros medievais, relatada na Cantiga 103 de Anfonso X o Sabio e que, na súa inxenuidade, fala de transcendencia: que hai despois? quen hai detrás?

Sempre foi un mosteiro modesto, cunha comunidade pouco numerosa A desamortización obriga ós monxes a abandonar o cenobio en 1837. A partir deste momento os edificios , agás a igrexa e a parte visible do claustro, van desmoronándose.

A partir de 1961, D. Carlos Valle-Inclán, chega na busca do lugar que inspirou ó seu pais os “Aromas de Leyenda” e, pouco a pouco, leva a cabo gran parte da reconstrucción. Isto permite que a comunidade de monxas procedentes de Alloz, en Navarra, restaure a vida cisterciense en 1989.

No ano 1989 restaurase a vida cisterciense na Armenteira, dito feito lévase a cabo por unha comunidade de monxas procedentes de Alloz (Navarra). E como os antigos habitantes, dedícanse á vida de oración e traballo; xa que posúen unha hospedería que se recomenda para “descanso espiritual ou psicolóxico”, e unha tenda onde venden os seus xa famosos xabóns artesanais feitos con productos naturais.

e) OS CRUCEIROS.

Os cruceiros” están considerados como unha das manifestacións máis xenuínas da arquitectura popular galega e a súa orixe remóntase segundo algúns autores á época prehistórica en lugares nos que existían menhires, e que logo, coa chegada do cristianismo deixaron constancia da súa existencia pero baixo formas cristianizadas. Aseméllanse, pero o certo é que non é doado encontrar un igual. A súa presenza nos camiños e lugares sagrados esténdese por toda a nosa xeografía.

Os cruceiros son cruces de pedra que se colocan en lugares como son os cruces de camiños, adros de igrexas, ermidas, ou incluso en entradas a cemiterios, sempre en relación con lugares de culto. Tamén se fala algunhas veces de cruceiros ó referirse ás cruces do viacrucis. Estas cruces adoitan alzarse sobre unha plataforma con banzos que é común en Galicia e Irlanda, se ben na nosa comunidade autónoma tamén existen exemplares de cruceiros sen eles. 

Están tamén situados nas encrucilladas de camiños, e en espazos vencellados con crenzas pagás posteriormente cristianizadas cos propios cruceiros como lugares máxicos de curación, de reunión de ánimas, bruxas, etc. Deste xeito estes elementos adquiren un carácter simbólico sagrado, normalmente coa función de protección. Outras localizacións comúns son os lugares onde ocorreu algunha morte.

Cada parroquia, cada pobo ten o seu propio cruceiro, ó que os veciños se senten moi unidos.

 

 

 

 

 

 

O meu paso polo instituo. Por Noelia Otero Padín

O primeiro día que cheguei ao instituto sentía vergoña, medo… pero por outra parte estaba chea de ledicia xa que acababa de comezar unha nova etapa da miña vida moi diferente da anterior. Entrei no instituto con 12 anos, é dicir, no ano 2007; con esa idade sentes que vas comer o mundo. Pero no meu caso non foi así, tívenme que esforzar para sacar o 1º curso, que ninguén pense que con estudar para o exame xa basta, hai que participar nas clases, realizar os exercicios,… No 1º ano tiven á profe Lucía Vilches, a cal nos quitou o costume de facer un  exame tema por tema. No 2º ano foime moito mellor; saquei o curso con esforzo e poñéndolle ganas. Pero ao chegar ao 3º curso custoume un pouco máis quitalo, a materia complicábase, ademais tiñamos dúas materias novas: bioloxía, a cal se me dá moi ben, e FQ, que xa non se me dá tan ben. Pero por sorte e coa suor da miña fronte, pasei de curso. E agora que me atopo en 4º curso a punto de rematar e conseguir o meu graduado, miro cara a atrás e doume conta de que o tempo pasoume correndo, e pensar que cando cheguei ao IES non me daba pasado o tempo. Esta etapa da miña vida estase a cerrar para dar paso a outra como é a do bacharelato. Cada vez que penso e reflexiono doume conta que a medida que fun madurando foron mellorando as miñas notas; grazas ao entusiasmo e ás ganas de saber novas cousas. En definitiva, este período foi un dos máis bonitos da miña vida ata agora; xa que me ensinou a ver as cousas con máis valor e dende outra perspectiva. Finalmente neste momento da miña existencia só teño un obxectivo claro, conseguir aprobar o bacharelato de ciencias e logo presentarme á selectividade.

 

 

VISITA A PONTEVEDRA DOS ALUMNOS DE 3º DA E.S.O. CO PROXECTO TERRA

VISITA A PONTEVEDRA CO PROXECTO TERRA

 

O martes 3 de maio os alumnos de 3º ESO visitaron a cidade de Pontevedra, nunha actividade organizada polo Colexio de Arquitectos de Galicia e polos departamentos de Ciencias Sociais e Normalización Lingüística.

En  primeiro lugar, recollemos a guía e xa nos mostrou os diferentes edificios  que conforman o campus de Pontevedra.

De seguido, dirixímonos ó pazo de Lourizán, onde un biólogo nos explicou  as diferentes especies vexetais que podemos atopar na gran finca. Como era un día perfecto, percorremos gran parte das instalacións deste pazo de finais do século XIX, propiedade do político Uxío Montero Ríos, que o converteu a súa residencia estival nun centro de referencia política e social ó que acudían políticos, xornalistas e destacados homes da época.

Alí atopamos nas súas 54 ha. carballos, castiñeiros , camelias, vides, palmeiras, cipreses, araucarias, magnolios e plátanos.

Como lembranza temos a foto na gran mesa de pedra, traída da illa de Tambo, na que tiveron lugar importantes reunións políticas (a nosa incluída).

Logo temos tamén unha foto na espléndida escaleira do pazo de estilo romántico construído por Genaro de Lafuente Domínguez.

Sobre as 12,30 fixemos un pequeno percorrido pola beiramar, para iniciar a visita ó casco histórico de Pontevedra, de aproximadamente unha hora.

Logo hora e media para xantar e sobre as catro visita ó museo, na que nos mostraron os diferentes edificios que o compoñen, en especial o Sexto edificio, ou sexa o novo, onde nos mostraron a exposición de Antón LLamazares.

Desta visita os alumnos de 3º A destacaron:

Do parque de Lourizán:

-          A ruta polos estanques e a cova

-          O muíño de produción de corrente para o pazo

-          A mesa do pazo que era enorme e estaba feita dunha soa peza

Do museo:

-          A sala do barco e o novo edificio (aínda que estaba baleiro é máis luminoso có antigo)

-          O contraste entre os diferentes edificios do Museo (aquí hai opinións diversas, porque hai algúns alumnos que opinan que o edificio novo debería manter a estética dos demais edificios do Museo) Difícil!!!

-          Demasiadas escaleiras no novo edificio (hai ascensores pero as profes non nos deixaron subir)

Da duración:

-          Podería ser un pouco máis longa para que nos dese tempo a ver máis cousas

-          A guía notábase que non estaba acostumada a falar en galego e tiña que pensar moito o que quería dicir

Da cidade:

-          A visita foi moi interesante, pero deberíamos ter visto outra cidade que coñeceramos menos

-          Opinión da profesora: Pero, realmente coñecédela?

Andrea, Martín, Esteban

 

 

 

 

VISITA AOS CASTROS DE BESOMAÑO E A LANZADA

 

VISITA DOS ALUMNOS DE 1º DA E.S.O. AOS CASTROS DE BESOMAÑO E A LANZADA

O día 25 de maio os alumnos  de 1º ESO acudiron ós castros de Besomaño (Ribadumia) e A Lanzada, nunha visita guiada con técnicos da escavación.

Alí puideron comprobar in situ, como se realiza un labor de consolidación, para que as distintas estruturas do castro queden perfectamente fixadas e poidan ser observadas por todos.

Nese momento, quedaban dous días para rematar e os arqueólogos afanábanse en perfeccionar tódolos detalles.

Explicáronnos que o castro de Besomaño data de finais da idade de Ferro, e nel asentouse un poboado onde apareceron ánforas romanas, resultado de transaccións comerciais.

Isto permite datalo entre o século III a.C. ó século I. a C. cando os invasores xa chegaran ó noroeste peninsular pero aínda non o ocuparan.

Nel apareceron 5.700 pezas de cerámica, utensilios de pedra e un adorno dun caldeiro de bronce, cun alto valor histórico, porque é único en Galicia.

Na zona vimos como se traballaba en tres sectores nos que se desenterrou a típica estrutura de castro, con vivendas de  planta circular e talleres de metalurxia e olería.

De seguido fomos ó castro da Lanzada, escavado de novo o pasado ano por técnicos do CSIC e da Deputación Provincial.

A Lanzada foi un xacemento de extraordinaria importancia que durante 1500 anos mantivo un liderado comercial.

Desde o século IX a. C. xa se observa  actividade no castro, desde o que se controlaban os barcos que entraban pola ría de Arousa.

A partir do ano 450 a.C. convértese nun importante porto de intercambio, debido ó interese de fenicios e gregos por controlar o comercio do estaño.

Os poderosos pobos do Mediterráneo necesitan estaño das minas galegas para fundilo co cobre e obter bronce, fundamentalmente para acuñar moeda.

No porto da Lanzada descargábanse todo tipo de produtos, que foron evolucionando segundo as épocas, aínda que hai un produto fundamental: o viño. Logo apareceron colares de contas de cristal, ungüentarios, cerámica grega, e na dominación romana, vaixelas de luxo… Polo tanto temos produtos do Norte de África, Italia e Mediterráneo Occidental.

Puidemos contemplar as diferentes estruturas, entre elas as dunha fábrica de salgado onde probablemente se fabricaría garum, unha posible torre vixía e estruturas cadradas que indican xa a  dominación romana. Tamén nos explicaron a localización da metrópole e a do primitivo castro.

A visita resultou moi interesante e animamos a todo o alumnado para que visite pola súa conta estes xacementos.

 

O meu paso polo instituto. Alumnos de 4º A

PEQUENO DISCURSO DOS ALUMNOS DE 4º ESO NO ACTO DE FINAL DE CURSO 2010-2011

Bos días a  todos!

Somos os alumnos de 4º ESO e queremos dicirvos unhas palabras de como foi o noso paso polo IES.

Como vedes, somos os máis veteranos porque algún de nós levamos aquí seis anos e outros cinco.

Cando chegamos ó centro eramos, como non, os máis pequenos, pero non tan pequenos como os que chegan aquí estes últimos anos.

Hoxe gustaríanos recordar a algúns profesores que xa forman parte da nosa vida: a nosa primeira directora foi Mar, a quen non todos coñecedes, pero si ó noso querido Josevi  que nos fixo pasar moitos momentos bos sobre todo en París, viaxe que nunca esqueceremos.

Tamén recordamos a Ricoy, Mónica, Mari Carmen Mouriño, Carlos, Cruz, Lucía (da que non esquecerei a súa frase: Carlos, que xa nos afeitamos!), Anne, Ángela, Ana Sueiro (a nosa titora durante dous anos), Jean Marc, Antón, Esperanza, Don Benito, Joaquina, Lolo, Mercedes, Darío, Ainhoa, Alfonso, Fernando, Susana, Cristina (que teña sorte co seu bebé) e como non de María, a profe de Física e Química, “a máis mala”,…

Nestes anos algúns colleron noiva como S…., outros deixaron o pelo longo coma min, todos gañamos altura, volvémonos máis guapos/as,…

Se queredes ver este cambio acudide ás fotos dos nosos primeiros anos….

Agora estamos aquí todos con 17 anos, menos a “avoíña” que é Paula que ten 18 anos e xa a podemos denunciar se nos pega…

Hoxe estamos contentos porque facemos un punto e aparte na nosa vida, pero estamos algo tristes porque non queremos deixar estas catro paredes de cemento que tan bos ou malos recordos nos deron.

Como sabedes somos un grupo especial, porque estivemos xuntos dous anos e non sempre pasa iso.

Esperamos conservar esta amizade entre nós e cos profesores, e temos o desexo que nuns anos seremos administrativos, informáticos, deportistas, panadeiros ou empresarios.

Como hoxe é véspera de San Xoán seguro que queimaremos os apuntes, cadernos e libros que tanta dor de cabeza nos deron, pero non queimaremos os nosos recordos vividos aquí.

Resaltamos a espléndida viaxe que fixemos a París e tamén os momentos inesquecibles aquí vividos: excursións, partidos de alumnos contra profesores, miles de horas de clase, premios especiais como o da froita, entroidos con camión de bombeiros, a mariscada que lle debemos a profe María e miles de cotilleos e risas durante estes anos.

Moitas grazas por estar tan caladiños e unha forte aperta a todos:

Carlos, Paula, Sergio, Rafa, Torcuato e Marta.

 

 

Proxecto Voz Natura -curso 2010-2011

PROXECTO VOZ NATURA CURSO 2010-2011 AUGA BENDITA

 Neste curso, estamos a seguir desenvolvendo os proxectos iniciados en cursos anteriores e ademais incorporamos un novo proxecto para poñer en valor a auga e intentar que se utilice de xeito responsable por toda a comunidade educativa. Para desenvolver este obxectivo realizamos diversas actividades :

Actividade 1 Aproveitando que este ano 2011 se celebra o 50 aniversario da 1º viaxe ao espazo exterior protagonizada polo astronauta ruso Yuri Gagarin, e que polo tanto, foi o 1º ser humano en observar a Terra desde o espazo, realizamos cos alumnos de 1º ESO unhas actividades baseadas na pregunta que se fixo o cosmonauta ao seu regreso: ”Por que se chama planeta Terra, cando debería chamarse planeta “Auga”?

Actividade 2 O poeta xaponés Bashó creou unha estrutura poética chamada HAIKÚ, formada por tres versos que non teñen título nin rima, é unha forma de expresión sinxela que trata de transmitir sensacións cun claro predominio dos temas da natureza. O alumnado creou haikús alusivos ao tema da auga e fixeron un debuxo en consonancia co mesmo.

Actividade 3 Por grupos buscaron información sobre a auga: Grupo 1: A molécula de auga: propiedades fisico-químicas Grupo 2: Distribución da auga na Terra Grupo 3: O ciclo da auga Grupo 4: Importancia da auga para a vida Grupo 5: Efectos sobre a civilización Grupo 6: Problemas no mundo para atopar auga potable Grupo 7: Contaminación Grupo 8 : Usos da auga Despois fixeron unha exposición na aula diante dos compañeiros e fixemos unha pequena proba con cuestións sobre estas exposicións. A intención era de novo que foran conscientes da importancia da auga como recurso, e a responsabilidade que temos tod@s de conservala. Para que todo o alumnado fose partícipe desa idea realizaron carteis con lemas alusivos ao aforro da auga e colocáronse en todos os baños do centro.

 Actividade 4 Medimos o caudal das billas do baño, pasamos ás unidades correspondentes e fixemos unha media (0,9L/16 s ) e con ela unha estimación do gasto de auga no centro considerando só un lavado de mans por alumno no instituto. Chegaron ao convencemento de que se pode reducir o consumo tanto no centro coma nas súas casas. Para colaborar na consecución deste obxectivo mercamos, grazas a VOZ NATURA, uns reloxos de area de 5 minutos e en colaboración co Departamento de Tecnoloxía fixémoslles un soporte para os reloxos, onde aparece o anagrama de Voz Natura, e coa axuda dunha ventosa colocáronse nas duchas do ximnasio. Deste xeito o alumnado non deberá sobrepasar os 5 min. cando se duche.

ACTIVIDADE 5 Experimento para non esquecerse de lavar as mans Partindo dun panel explicativo titulado “Lavar as mans”, co cal o alumno pode informarse acerca de: Por que? Cando? Como? hai que lavar as mans, pasaron a comprobar experimentalmente a necesidade de lavalas correctamente. • A cada alumno proporcionóuselle dúas placas petri cun medio de cultivo xeral que permite que se desenvolvan as bacterias. • Nunha delas poñen a palabra “sucio” e noutra “limpo”, cada alumno escribe o seu nome en cadansúa placa para despois identificala. • Despois de pasar as mans por unha superficie sucia (mesa, cadeira, solo) refregaron as xemas dos seus dedos pola placa que dicía sucia. Lavaron ben as mans, (como se lles dicía no panel) e pasáronas pola outra placa. • Puxeron as placas petri cerca dun foco de calor (radiador) unhas 48 horas, ao cabo das cales se puideron observar notables diferenzas entre unha placa e outra: - O crecemento de colonias de bacterias na 1ª placa é asombroso. - Na 2ª placa o crecemento é imperceptible, ou moito menor, dependendo do ben ou regular que lavaran as mans.

Este sinxelo experimento fixérono tódolos alumnos do Centro. O domingo 30 de xaneiro saíu publicado na Voz de Galicia. No Centro substituímos todos os produtos de limpeza tradicionais por outros ecolóxicos, para conseguir dous obxectivos: por un lado contaminar menos as augas e, por outro, concienciar aos alumnos e animalos a que tamén usen nos seus fogares produtos menos agresivos para o medio ambiente co que iso supón de aforro económico propiamente dito e custo ambiental. Para intentar acadar ese obxectivo realizouse unha actividade en grupos de traballo que consistiu en analizar o etiquetado de diferentes produtos de limpeza que os alumnos trouxeron das súas casas e aprenderon a recoñecer os diferentes pictogramas que aparecían nas etiquetas. Buscaron información acerca de posibles limpadores ecolóxicos substitutos dos que habitualmente se utilizan.

VALORACIÓN Estamos bastante satisfeitos co desenvolvemento dos proxectos pois os alumnos van interiorizando comportamentos axeitados ata convertelos pouco a pouco en hábitos que redundan en beneficio de todos. Pretendemos que os alumnos valoren o traballo en grupo, aprendan a respectar o traballo dos demais, colaboren na conservación e mellora da Natureza e que a súa actitude sexa sempre respectuosa co medio ambiente. O EQUIPO VOZ NATURA

HAIKUS

HAIKU

Nós, o alumnado de 1º PRID, tentamos facer haikus relacionados coa auga, que é o tema central de Voz Natura este curso.

O haiku é unha forma estrófica de orixe xaponesa formada por tres versos que carece de título e rima. É unha forma de expresión sinxela que trata de transmitir sensacións cun claro predominio do tema da natureza.

Aquí tedes algúns dos haikus realizados polos vosos compañeiros de 1º:

 

A choiva cae

polo outro lado

da miña ventá.

 

 

No atardecer

xunto ó mar

o sol escapa.

 

 

Escoitase o mar

tentando tragar

a area da praia.

 

A pegada ecolóxica

 

ACTIVIDADES DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, como sabedes, denegáronnos a axuda que anualmente se concedía a este centro para poder desenvolver tódalas actividades realizadas ó longo do ano.

Por iso, as actividades da Semana das Letras Galegas reducíronse considerablemente.

O venres 13 de maio o profesor da USC na facultade de Bioloxía, no departamento de Edafoloxía, Xabier Pontevedra Pombal, acudiu ó centro para dar unha charla sobre a pegada ecolóxica.

Este concepto foi creado hai pouco menos de vinte anos polos científicos William Rees e Mathis Wackernagel.

A pegada ecolóxica é un valor que permite indicar o conxunto de impactos que unha comunidade humana (cidade, país, persoa, etc…) exerce sobre a contorna.

Exprésase cun número que representa a superficie teórica (en hectáreas) que sería necesario para empregar tanto para producir os recursos consumidos como para absorber os residuos xerados.

É dicir, que incluiría a superficie utilizada para obter os cultivos, bosques, pastos, pesca, instalacións urbanas, xestións de residuos, etc. para manter a comunidade humana.

A actual pegada ecolóxica media mundial é de 2,7 hectáreas por habitante.

Pero este valor suaviza as grandes diferenzas entre países, pois mentres que un estadounidense pode ser de 11,9  a dun habitante de Bangladesh queda en 0,5.

Pero se estes datos os traspasamos a España a súa pegada ecolóxica é de 6,4 ha. Como sabemos que a superficie dispoñible por habitante é de 2,4 ha., podemos calcular mediante unha resta sinxela que temos un déficit ecolóxico de 4 ha.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut