Skip to Content

Libros de texto

RECOLLIDA CHEQUES AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

As persoas ás que lle adxidicaron  cheuqe de "axudas  de material escolar"  (poden consultalo na web de "fondolibros" coa chave 365, ou no taboleiro do centro) , poden pasar a recollelos no centro en horario de 9:00 a 14:00h.

Debe recoller o cheque o titular do mesmo (pai/nai/titor legal do alumnao/a) e presentar o DNI, en caso de total imposibilidade de acudir pode autorizar a alguén mediante impreso que pode descargarse na web do centro, ou solicitalo o propio alumnado na secretaria do centro.

Un saúdo

A Dirección

 

Libros de Texto Curso 2023/24

Achégase a listaxe de libros de Texto de cara ao vindeiro curso 2023/24.

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24

 

Un saúdo

 

A Dirección

Libros deTexto Curso 22_23

Achégase relación de libros de texto de cara ao curso 22_23

Para o alumnado de 2º e 4º recoméndase non mercar os libros de momento, xa que dende o centro, trataremos de proporcionar os libros que non entran en E-Dixgal ao alumnado, para iso utilizaremos ata esgotarse o fondo de libros existente no centro. No caso de non chegar as existencias será cando o alumnado deberá mercar os libros, polo que é conveniente agardar ata comezado o curso para mercalos.

O alumnado de 1º e 3º , si que pode ir mercando os libros,  xa que nestes cursos entra unha nova lei educativa (LOMLOE) cun currículo novo, os libros son diferentes aos do curso pasado, polo que non dispoñemos de libros no fondo do centro.

En 1º e 2º ESO ,o libro de Francés é recomendable agardar ao inicio de curso para mercalo.

Un saúdo

A Dirección

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR 2022/23

 A Resolución Definitiva do Fondo Solidario de Libros de texto  e axudas de material para o curso 22_23 xa está `publicada e pode consultarse no taboleiro do centro ou a través da web Fondolibros (necesaria chave 365 ou certificado dixital)

Os "VALES DE AXUDAS PARA ADQUIRIR  MATERIAL ESCOLAR" PODEN RECOLLERSE NO CENTRO ATA O 29 DE XULLO EN HORARIO DE 9:30 A 14:00H


 

Resolución Provisional do Fondo Solidario de Libros de texto  e axudas de material para o curso 22_23 xa está `publicada e pode consultarse no taboleiro do centro ou a través da web Fondolibros (necesaria chave 365 ou certificado dixital)

Peíodo de reclamacións: Martes 12 e mércores 13 de xullo

Lembramos que: O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4  de ESO como  temos o proxecto de educación dixital Edixgal en todos os cursos,  soamente puido solicitar as axudas de material escolar.

Un saúdo 

A Dirección


 Vense de publicar a  ORDE do 29 de ABRIL de 2022  pola que se regula a participación no  fondo solidario de libros de texto  e se convocan  axudas para adquirir  material escolar 

ACHÉGASE INFORMACIÓN AO RESPECTO

Un saúdo

A Dirección

 

 

Resolución Provisiional Axudas Material

Resolución Provisional do Fondo Solidario de Libros de texto  e axudas de material para o curso 21_22 xa está `publicada e pode consultarse no taboleiro do centro ou a través da web Fondolibros (necesaria chave 365 ou certificado dixital)

Lembramos que: O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4  de ESO como o vindeiro curso teremos o proxecto de educación dixital Edixgal en todos os cursos,  soamente puido solicitar as axudas de material escolar.(A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.)

Un saúdo 

A Dirección

Libros de Texto para o curso 2021 / 2022

Achegamos a listaxe dos libros de texto para o curso 2021-2022

IMPORTANTE: Recoméndase Non  mercar ningún libro de texto ata o comezo de curso, xa que dende o centro, trataremos de proporcionar os libros das materias que non entran en E-Dixgal ao alumnado, para iso utilizaremos ata esgotarse o fondo de libros existente no centro. Repartiranse ata esgotar ás existencias 1 libro por alumno, comezando pola letra "F" (segundo sorteo realizado no consello escolar) do primeiro apelido do alumnado de cada nivel educativo No caso de non chegar as existencias será cando o alumnado deberá mercar os libros que lle falten,

Un saúdo. Equipo directivo.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar. 2021/22

Vense de publicar a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B)

prazo remata o vindeiro 22 de xuño de 2021.

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4  de ESO como o vindeiro curso teremos o proxecto de educación dixital Edixgal en todos os cursos,  soamente poderá solicitar as axudas de material escolar.(A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.)

As solicitudes  presentarse preferentemente por via electrónica (é necesario certificado dixital ou chave365) a través da aplicación FondoLibros , ou presencialmente no centro (poden cubrir e descargar aquí os anexos).

 

Un saúdo

A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut