Skip to Content

Lingua Galega

Departamento de Lingua Galega

CURSOS:

 

Power point de Uxío Novoneyra

 

Clicade enriba do arquivo e xa vos leva ao power point. O 1º fala da súa vida. O 2º da súa obra.

Uxío Novoneyra

O Departamento de Lingua e Literatura deste IES quere renderlle unha pequena pero ben sentida homenaxe ao autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Así que para xogar un pouco coa obra e a vida do autor vos deixamos estas actividades. Tamén uns power points sobre a vida e obra que vos axudarán a resolver estas actividades.

A nosa lingua

 

 Os membros do Departamento de Lingua e Literatura Galegas queren manifestar o seu total desacordo coa política que está a seguir o noso goberno en materia lingüística. Desde o centro preténdese mandar unha nota de prensa pois este sentir non é só dos membros deste departamento senón dun amplo número de membros do claustro e mesmo persoal non docente.

Consideramos que a enquisa sobre a lingua que se está a enviar aos domicilios do alumnado son unha mostra clara da falla de interese por poñer en valor e potenciar o sinal de identidade máis xenuíno de todos os galegos e galegas. Ademais, considera que esa enquisa non recolle nin a máis mínima garantía de rigor científico: non se respecta o anonimato nas contestacións, descoñécese cales van ser os métodos (científicos?) de tratamento dos datos, o procedemento de recollida de datos é totalmente arbitrario, etc. o que arroxa un saldo francamente negativo para unha acción que quere servir de base para deseñar o ensino obrigatorio no futuro.

Con todo, o que máis nos molesta é o feito de situar a lingua galega no ollo do furacán, sementando dúbidas sobre ela e transmitindo a sensación de que é un elemento cultural que só se debe manter mais non fomentar. Pensamos que a lingua galega é, en verdade, unha auténtica oportunidade para desenvolver as características e as potencialidades de todo o alumnado e que prescindir dela é un auténtico despropósito.

Mil primaveras máis para a lingua.

 

Unha lingua, un tesouro

Xa sabemos que hai moitas máis linguas que estados. Pero ata o de agora só as vimos a nivel teórico no libro de texto. O que imos facer agora é visualizar de maneira máis clara como se reparten as linguas polo planeta e a importancia que organizacións como a UNESCO lle dan á súa preservación e potenciación.

Abre o documento de texto que tes máis abaixo e segue as ligazóns. Primeiro explora as cinco páxinas que se che ofrecen a continuación; logo xa che direi o que tes que procurar.

Goza da viaxe!

DESPOIS DA LECTURA... VÉN A VIAXE!

 

 

Agora que xa coñecemos o periplo dos dous bravos galos imos comezar a nosa viaxe. Mais, antes de nada, temos que avituallarnos, non con comida senón coas instrucións e requirimentos que deberemos cumprir cando teñamos chegado ao noso punto de destino.

Preme na "Instrucións_viaxe" ligazón para descargar un documento de texto con todos os requirimentos precisos.

A continuación debedes saber onde podedes atopar a información que se vos solicita; no documento "Paxinas_web_para_a_viaxe" aparecen as 5 (6) páxinas necesarias para recompilar todos os datos. Usade soamente as cinco primeiras! Non precisades ningunha máis.


Preme aquí para acceder ao blogue no que podes ver o mapa de Galicia en formato grande.

Unha vez lidos os anteriores documentos con atención, debedes acceder aos textos coas instrucións para a primeira viaxe. Cada grupo terá que acceder unicamente ás súas instrucións e non ás dos outros, lembrade que a viaxe é secreta e que ata o final non saberemos por onde vai pasar cada grupo.

Para axudarvos a recoller a información requirida, axudádevos da folla "Ficha_da_viaxe".

Lembrade, por último, que todos os membros do grupo deben ir recollendo a información requirida.

Boa viaxe!

Distribuir contido


by Dr. Radut