Skip to Content

Secretaría

Resolución da contratación da Cafetería do Centro

Con data 28 de Xullo d e2017, públicase a Resolución da Contratación da Cafetería do centro para o curso 2017718.

A Dirección

 

Adxudicación da cafetería do centro

Para dar cumprimento á INSTRUCCIÓN 7/2017 de 30 de maio de 2017, pola que se establecen as condicións para a contratación do servizo de Xestión e Explotación da cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería no curso 2017-2018, o IES de Meaño informa que con data de hoxe xoves 6 de xullo comeza o proceso para a concesión da cafetería do seu centro.

  • Prazo de presentación de solicitudes: Os interesados terán dende as 9:30 horas do 6 de xullo ata as 14:00 horas do 12 de xullo, ámbolos dous incluídos, para poñerse en contacto co centro e recoller a documentación necesaria.
  • Prazo de presentación de documentación: Recollidas as solicitudes, os interesados recibirán por carta certificada con acuse de recibo unha invitación  da dirección do centro e disporán de cinco días hábiles, dende  asúa recepción, para formular a súa oferta e presentar toda a documentación , segundo recollen as instrucións.
  • Resolución do proceso: A resolución será publicada no taboleiro do centro e na súa páxina web  antes do 31 de  xullo de 2017.
  • Toda a documentación necesaria para presentarse ó proceso de licitación da cafetería, deberá recollerse na conserxería do centro e presentarse no mesmo lugar.

 En Meaño a 6 de xullo de 2017

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2017-2018.

Ven de publicarse na orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ó alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2017/2018. A citada orde pódese consultar en:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/dog_convocatoria_fondolibros_axudaslibros_e_material_escolar.pdf

Aquelas persoas que desexen participar neste proceso deberán presentar a solicitude ata o 23 de xuño de 2017

Presentación de solicitudes:

q 

A solicitude será única para tódolos fillos que estean matriculados no mesmo centro docente para o curso 2017-2018.

q 

As solicitudes deberán presentarse en papel no Centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procendemento administrativo común, utilizando o formulario disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Este formulario tamén estará disponible en http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_i_-_ed330b_-_solicitude_1.pdf e na secretaría do Instituto.

q 

O alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2017-2018 e formalice a matrícula no curso de ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario e a solicitude para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun mes dende a formalización da matrícula.

Documentación:

Na solicitude deberá figuarar o permiso a que a administración comprobe os datos das familias, en caso de que alguén desexe que non se produza esa comprobación deberá aportar toda a documentación que aparece na orde. Para aquelas persoas que permiten esta  comprobación a documentación aportada será a solicitude cuberta e o libro de familia.

Tipos de axudas:

q 

Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

q 

Axudas para adquirir material escolar destinadas ó alumnado matriculado en ESO.

Fondo solidario de libros:

A asignación de libros de texto farase en función dun listado en función da renda per cápita familiar:

q 

Rentas per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€ o alumno/-a terá dereito a 6 libros de texto.

q 

Rentas per cápita familiar superior a 5.400€  e igual ou inferior a 9.000€ o alumno/-a  terá dereito a 4 libros de texto.

q 

Ó alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ó 65%, terá dereito a 6 libros de texto con independencia da renda.

Condicións para acceder ó Fondo Solidario de Libros:

q 

Presentar a solicitude.

q 

Cumplir as condicións que establece o decreto.

q 

Ter devolto EN BO ESTADO os libros presatados no curso 2016-2017.

Axudas para a adquisición de material escolar:

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado na ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€ será de 50€

Publicación das listas provisionais e definitivas e entregas de vales:

q 

Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas: 14 de xullo.

q 

Publicación de listaxe definitiva: 15 de setembro.

 

q 

Entrega de libros: do 15 ó 29 de setembro.

 

XEFATURA DE ESTUDIOS.

XUSTIFICANTE DE AUSENCIAS

XUSFICANTE DE FALTAS

Impreso para imprimir e entregar ó titor/-a xustificando ausencias do alumnado. Estes impresos se poden recoller tamén na Conserxería do Centro onde tamén ser entregados. De tódalas maneiras o destinatario final destes xustificantes é o titor ou titora.

Horario de atención de secretaría

 

HORARIO DE SECRETARÍA
  Luns Martes Mércores Xoves Venres
Mañá 9:00 a 15:10 9:00 a 14:30 9:00 a 15:10 9:00 a 14:30 9:00 a 14:30
Distribuir contido


by Dr. Radut