No IES de Meaño celebraremos unha xornada de portas abertaspara todas as familias que queiran coñecer o noso centro de cara á solicitude de admisión do vindeiro curso.
Todos os pais/nais/responsables que o desexen, poderán visitar as nosas instalacións, coñecer a nosa oferta educativa e tomar contacto coa noso xeito de traballo.
LUGAR: IES de Meaño
DATA:Luns, 6 de febreiro
HORA DE PRESENTACIÓN:13:00h no recibidor do instituto. (se alguén necesita incorporarse máis tarde pode facelo)
Este ano celebraranse Eleccións ao Consello Escolar do IES de Meaño. Animamos a comunidade educativa a que presenten a súa candidatura ao consello escolar para deste xeito participar na xestión do centro e contribuír a un mellor funcionamento do mesmo.
Colocaremos no taboleiro do centro toda a información referente ao proceso, e a que non estea suxeita a protección de datos tamén a colocaremos aquí:
A antiga alumna do centro, María Torres, realizou no curso pasado un tutorial en galego sobre a elaboración de grúas de papel (dentro do proxecto 21 días co galego, xa que non había en youtube tutoriais nesta lingua). Agradecémoslle a súa colaboración co proxecto.
No IES de Meaño apostamos pola participación activa do alumnado na vida escolar. Por este motivo, dende o Equipo de Convivencia do centro, impulsamos a realización dunha curtametraxe durante o curso escolar. Os alumnos e alumnas do instituto adican parte do seu tempo de lecer á creación audiovisual, con todo o que isto supón: esforzo, compromiso, organización, emocións…Como resultado obtemos obras das que estamos moi orgullosos e orgullosas, e que representan perfectamente o que poden conseguir os rapaces e rapazas do noso instituto con motivación. A continuación, adxúntanse enlaces e información das curtas dos últimos dous cursos (conseguiron recoñecementos importantes en varios festivais audiovisuais):
Serendipia (curso 20/21) (está subido a Youtube coa conta do IES de Meaño)
Gañadora mellor guión festival audivisual Ouff Escola de Ourense
Finalista mellor guión festival audiovisual Olloboi
Guión/Dirección: Patricia Baquero, Icía Torrado, Ero Rodríguez, Andrea Blanco, Claudia Otero, Noa Nogueira.
Para o alumnado de 2º e 4º recoméndase non mercar os libros de momento, xa que dende o centro, trataremos de proporcionar os libros que non entran en E-Dixgal ao alumnado, para iso utilizaremos ata esgotarse o fondo de libros existente no centro. No caso de non chegar as existencias será cando o alumnado deberá mercar os libros, polo que é conveniente agardar ata comezado o curso para mercalos.
O alumnado de 1º e 3º , si que pode ir mercando os libros, xa que nestes cursos entra unha nova lei educativa (LOMLOE) cun currículo novo, os libros son diferentes aos do curso pasado, polo que non dispoñemos de libros no fondo do centro.
En 1º e 2º ESO ,o libro de Francés é recomendable agardar ao inicio de curso para mercalo.