Skip to Content

Reportaxe do IES de Meaño no diario "La Voz de Galicia"

Fai uns días, visitaron o noso centro reporteiros do diario "La voz de Galicia" para ver de preto como traballamos no noso centro, dentro dunha seriew de reortaxes que están facendo a centros educativos innovadores de todo Galicia. Froito desa visita fiseron unha ampla reportaxe que podedes ver na seguinte enlace.

 

O Xadrez protagonista nos recreos

Durante o actual curso escolar, o noso centro decidiu ofertar Xadrez como materia optativa a escoller en primeiro ou segundo da ESO; sendo cursada por 13 alumnos-as (en 1º) e 8 alumnos-as (en 2º).

Como actividade complementaria, decidiuse organizar un torneo aberto para todo o alumnado do centro; a desenvolver durante os segundos recreos na biblioteca. Xa resultou sorprendente que se inscribisen 43 alumnos-as, dado que no noso centro non existía moita tradición polo xogo; pero o feito máis destacable é o inusitado interese polo xogo despertado entre o noso alumnado (mesmo entre alumnos e alumnas que non teñen o Xadrez como materia e que tampouco saben xogar, pero que acoden á biblioteca nos recreos nos que non hay torneo para ver ou aprender a xogar).

Como mostra aportamos a seguinte foto:

 

Visita á Fundación Amigos de Galicia

O xoves 16 de febreiro, vinte alumnos-as acompañados de dous profesores acudiron a visitar as instalacións da Fundación Amigos de Galicia, con sede en Vilagarcía.

Esta saída enmárcase dentro do Plan Proxecta (Makerschool), co obxectivo de coñecer a acción do voluntariado e as diferentes actuacións que se poden realizar a favor das persoas con necesidades de todo tipo.

Entrega de Letras a la Biblioteca

Despois dun duro traballo os alumnos fan entrega a Biblioteca do centro das Letras que serviran para clasificar os fondos da nosa biblioteca. Estas letras foron deseñadas polos alumnos e fabricadas cunha impresora 3d.

bibliot

Visita a Catoira e Nacemento de Valga

Os alumnos do centro realizaron no Nadal unha visita o impresionante nacemento de Valga e a vila d eCatoira. Organizado polo departamento de Relixión. Aquí tedes un video resumo da visita elaborado pola profesora Aranzazu Dineiro

 

Felicitación de Nadal

Parabéns á Banda Unión Musical de Meaño

 

O domingo 27 de novembro a Banda Unión Musical de Meaño recibiu no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) o primeiro premio na sección 1ª do X Certame de Bandas de Música de Galicia. Participaron quince bandas procedentes de diversas localidades de Galicia ás que se impuxo a de Meaño; que acadou unha puntuación de 433.

O noso centro congratúlase deste éxito da banda e quere felicitar especialmente ao alumnado do I.E.S. de Meaño que participa na mesma:

 1º ESO:

 Elena Muñiz

 2º ESO:

 Miguel Agís

 Álvaro Padín

 Lara Portas

 Mario Hermida

 Alejandro Barbeito

 Francisco Javier Abal

 Cristina Freire

 3º ESO:

 Alejandra Pensado

 Noelia Vázquez

 Pablo Forte

 Alba Moraña

 Marta Tacón

 Esteban Rial

 Pablo Rodríguez

 4º ESO:

 Raquel Vallejo

 Mariña Romero

 Óscar Meis

 Mariña Rodríguez

 Alba Fariña

 Rubén Pereira

 Antía Otero

 

Eleccións o Consello Escolar

Hoxe dia 29 de Novembro estanse a celebrar as Eleccións o consello Escolar no noso centro, coa participación e implicación do noso alumnado.


Eleccions

 

XORNADA DE FOLGA DE ESTUDANTES 26 DE OUTUBRO

XORNADA DE FOLGA DÍA 26 DE OUTUBRO DE 2016.

A Federación de Asociacións Pogresistas e a Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais do alumnado sumáronse á convocatoria de folga promovida polo Sindicato de Estudantes para o día 26 de outubro en protesta polas novas avaliacións da ESO e Bacharelato, contempladas na Lei para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Do mesmo xeito o resto de organizacións integradas na Plataforma Estatal pola Escola Pública apoiarán as movilizacións previstas para ese día.

Con motivo desta convocatoria no noso Centro algún grupo xa presentou a comunicación pertinente ante a Dirección do Centro para poder exercer os seus dereitos. Por este motivo nos parece conveniente lembrar neste punto o que recollen as Normas de Organizacón e Funcionamento do IES de Meaño, aprobadas polo Consello Escolar, ó respecto:

A lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación na súa Disposición derradeira primeira, modificación da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do Dereito a Educación (LODE), no seu artigo 8 di, “co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ó elaborar as súas normas de organización e funcionamento, as condicións nas que os seus alumnos poden exercer este dereito. As decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do 3º curso da Educación Secundaria Obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando estas fosen resultado do exercicio de dereito de reunión e sexan comunicadas á dirección do centro.

Legal e tecnicamente o alumnado non ten dereito á folga, este dereito está reservado ós traballadores, os alumnos só teñen dereito de reunión. Ó alumnado a partir do 3º curso da ESO, poderá adoptar decisións colectivas da inasistencia á clase. A decisión desa inasistencia é dos alumnos e alumnas, non dos seus pais ou titores legais. Estas normas de organización e funcionamento establecen que para que esta inasistencia colectiva sexa considerada como consecuencia de exercer este dereito recoñecido na Lei, esta decisión deberá ser comunicada polo representante da Xunta de Delegados á Dirección do Centro, cunha semana de antelación. O alumnado poderá quedar baixo a garda e custodia dos seus pais ou titores legais ou acudir ó Centro Educativo, pero tendo en conta que, de presentarse no centro, non poderá abandonar o recinto escolar, do mesmo xeito que non poderá ser obrigado a entrar nas aulas.

 Ademais da comunicación previa por escrito da Xunta de Delegados á Dirección, cada alumno ou alumna que teña previsto participar nesa acción, deberá traer un papel asinado polo seu pai/nai ou titor/-a legal onde manifeste a intención do alumno e especificando claramente os días que non ten previsto non asistir á clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut