Skip to Content

COVID-19: ADENDAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Procedemos a darlle publicidade as ADENDAS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS que elaboraron os diferentes departamentos didácticos, para adecualas as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estas adendas as programacións didácticas están pendentes de aprobación por parte da inspección educativa, polo que poderían sufrir modificacións.

 

Un saúdo 

A Dirección

Orientación Académica e Profesional

Belén, a nosa orientadora do IES de Meaño, elaborou os seguintes vídeos e infografías onde se recolle información de gran importancia sobre orientacións académicas e profesionais.

 - OFERTA EDUCATIVA DO IES DE MEAÑO

 

 

- Matemáticas Académicas VS Matemáticas Aplicadas

Se vas cursar 3º de ESO ou 4º de ESO, tes que escoller entre Matemáticas Académicas ou Matemáticas aplicadas. Para axudarche a tomar esta decisión, preparamos este vídeo explicándoche as variables que tes que ter en conta para decidirte por unha ou outra opción:

 

 

- Que opcións formativas teño tras rematar a ESO?

Bótalle unha ollada ao seguinte cadro e decide cal é a mellor opción para ti:

 

- Formación Profesional Básica (FPB)

Coñece a Formación Profesional Básica a través deste vídeo que preparamos para ti:

 

 

- Formación Profesional de Grao Medio e Superior

Estás pensando en cursar estudos de Formación Profesional? No seguinte vídeo explicámosche que requisitos precisas para acceder a estes estudos e cales son os ciclos que podes cursar na nosa Comunidade Autónoma.

 

 

- Bacharelato e estudos superiores:

Estás pensando en cursar Bacharelato pero non tes claro que modalidade e que materias elixir? Sabes que estudos podes cursar ao rematar o Bacharelato? Mira este vídeo e resolve as túas dúbidas.

 

 

- Ensinanzar de réxime especial:

Sabías que existían unhas ensinanzas regradas de Réxime Especial? Coñeces cales son? Sabes que requisitos precisas para acceder ás mesmas? Descubre todo isto a través do seguinte vídeo.

 

 

- Axudas do MEC para estudos postobrigatorios:

No seguinte enlace podes ver un resumo das axudas do Ministerio de Educación para continuar os estudos postobrigatorios.

Restablecemento do procedemento de admisión

Na Resolución do 5 de maio de 2020, restableceuse o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que :

  • NON TEN QUE SOLICITAR ADMISIÓN: O alumnado que xa está matriculado no centro e o alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos se xa fixo a solicitude con anterioridade e foi admitido.
  • O alumnado que cursa actualmente 4º ESO no IES de Meaño si debe realizar a solicitude de admisión, no centro que desexe cursar Bacarelato
  • O prazó abranguerá dende o día 11 ata 18 de Maio  (ámbolos dos inclusive).
  • A solicitude Poderá facerse:
  • Presentación da documentación acreditativa para o baremo será ata o 26 de maio.
  • Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido antes do 9 de xuño
  • Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido antes do 26 de xuño
  • O Prazo de formalización de matrícula do 1-10 de xullo
  • O prazo para matricularse nos Ciclos de Formación Profesional non está aberto de momento, normalmente é a finais de xuño.

Un saúdo

A Dirección

STEMweek : actividades formativas STEM en lingua inglesa,

ORDE do 2 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504G).

Trátase de campaentos para o alumnado que no curso 19/20 se atope en  3º e 4º da ESO,  dunha semana de duración na Coruña no mes de Agosto. Non ten custo pero hai que cumplir unha serie de requisitos que se recollen na orde.

Nestes camapamentos se traballa a competencia en Lingua inglesa e as competencias asociaas o ámbito STEM: Ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas, o alumnado aprenderá xogando con robots, programación, impresión 3d etc.

As solicitudes fanse por via elecrónica.

É unha oportunidade moi interesante.

Un saúdo

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Trátase de actividades que están financiadas parcialmente pola administración educativa e que se desenvolven nos meses de xullo e agosto. Consideramos que poden resultar de moito ineterese para o alumnado de cara a mellorar o seu desenvolvemento en lingua Inglesa.

Se precisades axuda podedes acudir o centro.

Aqui tedes a información elaborada polo centro

Aqui podedes consultar  a información da consellería.

Un saúdo

A Dirección

Día Internacional da Muller

Dende o IES de Meaño apostamos pola IGUALDADE. Como di a nosa pancarta: 8M sempre. 

O luns 9 de marzo conmemoramos o día Internacional da Muller: Os alumnos/as de 2º de ESO do Obradoiro STEAM de Igualdade impartiron unha charla para os seus compañeiros/as e para o equipo docente sobre esta materia. Ademais, a profesora de educación física, Montse, explicounos cómo o alumnado elaborou a táboa periódica das deportistas máis destacables da historia. Por último, visualizamos un vídeo no que as protagonistas eran varias alumnas do instituto, que falaban sobre o que é para elas a Igualdade. 

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Logo de realizado o proceso de reserva de prazas para os centros adscritos ó IES de Meaño, pódese consultar o  número de prazas ofertadas por este centro para o curso 2020/21, e as intruccións para o proceso de solicitude de admisión, necesario só para alumnado de centros non adscritos ou que se incorporen ao sistema educativo. 

 Podedes consultar NO CENTRO ou na aplicación Admisioalumnado o listado de admitidos da reserva de praza para o curso 2012/21 do IES de Meaño.

 Recordamos que se poderá solicitar a admisión  do 1 ó 20 de marzo de 2020.

 

Un saúdo 

A Dirección

Proxecto "Mapa dos colectores QR de Meaño": guía para engadir colectores no mapa compartido de Google Maps.

O alumnado de 2º de ESO precisa da túa axuda para levar a cabo o proxecto "Mapa dos colectores QR de Meaño", sobre a reciclaxe.

Cómo podes axudar? Introduce no mapa compartido en Google Maps a ubicación exacta dos colectores que teñas perto da túa casa. Logo os alumnos/as de 2º de ESO pasarán esa información ó  mapa físico que temos no centro, e crearán uns códigos QR para colocar nos colectores a través dos cais se poderán ver vídeos explicativos sobre os residuos que poden ir ós mesmos. 

No seguinte enlace tes un pdf no que se detalla paso a paso cómo se introduce a ubicación exacta dun colector no mapa compartido en Google Maps.

Preme aquí para acceder á guía

Obradoiro de esculturas literarias

Continuamos coa segunda fase do Obradoiro de esculturas literarias, na que o alumnado da primeira fase ensina ó resto de alumnado do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut