Restablecemento do procedemento de admisión
Na Resolución do 5 de maio de 2020, restableceuse o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que :
- NON TEN QUE SOLICITAR ADMISIÓN: O alumnado que xa está matriculado no centro e o alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos se xa fixo a solicitude con anterioridade e foi admitido.
- O alumnado que cursa actualmente 4º ESO no IES de Meaño si debe realizar a solicitude de admisión, no centro que desexe cursar Bacarelato
- O prazó abranguerá dende o día 11 ata 18 de Maio (ámbolos dos inclusive).
- A solicitude Poderá facerse:
- vía online en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#
- presencialmente, no propio centro, en horario de 10-13h.
- Presentación da documentación acreditativa para o baremo será ata o 26 de maio.
- Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido antes do 9 de xuño
- Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido antes do 26 de xuño
- O Prazo de formalización de matrícula do 1-10 de xullo
- O prazo para matricularse nos Ciclos de Formación Profesional non está aberto de momento, normalmente é a finais de xuño.
Un saúdo
A Dirección