Uso do Móbil
Derivado da observación que facemos do alumnado e das charlas con expertos na materia que recibimos no centro alumnado, profesorado e familias, creemos necesario realizar certas recomendacións sobre o uso que o alumnado fai dos dispositivos móbiles:
Normas do centro
1. A utilización de dispositivos móbiles polo alumnado no centro está prohibida. (Unicamente poderían utilizarse se un profesor o autoriza con fins educativos).
2. O alumnado non precisa o teléfono móbil para o seu traballo no centro, polo que se recomenda que NON O TRAIAN AO CENTRO. No centro dispoñen dun teléfono ao que poder chamar as familias e desde o que poder comunicarse o alumnado en caso de necesidade.
Recomendacións ás familias:
1. Como pais/nais temos que SUPERVISAR O USO que os nosos fillos/as FAN DO MÓBIL,que aplicacións utilizan que webs visitan a que xogan, que contas de correo teñen, que redes sociais utilizan, etc. Do mesmo xeito que controlamos a que hora chega a casa ou con quen queda, por exemplo. NON TODO E AXEITADO PARA A SÚA IDADE. Existen aplicacións para facelo
2. Deben apagar o móbil pola noite para poder descansar axeitadamente, incluso poden deixalo fóra da habitación.
Nos seguintes enlaces tedes moita máis información: