Skip to Content

Taboleiro de novas

PROCESO DE ADMISIÓN

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/25

 

RESERVA DE PRAZA. Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

  • Só para alumnado dos centros adscritos:

        • CEIP de Coirón-Dena
        • CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas

 

 

 

 


 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS (Mércores, 7 de febreiro, ás 13:00 h.) 

  


 

 SOLICITUDE DE ADMISIÓN. Do 1 ao 20 de Marzo.

 

 


 PENDENTE DE ACTUALIZAR CONTIDO

XORNADA DE ACOLLIDA:

Para o alumnado que se incorporará ao centro no vindeiro curso escolar. (Mércores 29 de Maio, ás 9:35 horas).


MATRÍCULA:Todo o alumnado ten que formalizar a matrícula.( 23 de xuño ao 7 de xullo).

Rógase acudir no horario establecido a continuación, para unha mellor organización do centro: (de 9:00h a 14:15h).

    • 1º ESO - Martes 25 de Xuño

    • 2º ESO - Mércores 26 de Xuño

    • 3º ESO - Xoves 27 de Xuño

    • 4º ESO - Venres 28 de xuño

 


Normativa sobre o proceso de admisión

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). 

VISITA AO BELÉN DE VALGA

Un curso máis o alumnado de Relixión realiza unha visita ao Belén de Valga para disfrutar das escenas máis orixinais e novidosas. Como cada ano, é un día moi especial.


Ligazón ao vídeo completo: https://youtu.be/PFnWLv08_xM

 

Información importante inicio do curso 23_24

Información para alumnado e familias de cara ao comezo do curso escolar 2023/24.

Rogamos sexa leída con atención

Un saúdo

A Dirección

 

 

HORAIO DE VERÁN E DATA INICIO CURSO 23_24

 

HORARIO DE VERÁN DO CENTRO:

XULLO (Do 1 ó 31): DE 9:00 a 14:00

AGOSTO (Do 1 ó 31): Pechado.

SETEMBRO(Do 1 ó 10) : DE 9:00 a 14:00

 

O curso 23-24 comezará o Luns día 11 de Setembro para todo o alumnado en horario normal (ás 8:45h)

 

Un saúdo

A Dirección

RECOLLIDA CHEQUES AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

As persoas ás que lle adxidicaron  cheuqe de "axudas  de material escolar"  (poden consultalo na web de "fondolibros" coa chave 365, ou no taboleiro do centro) , poden pasar a recollelos no centro en horario de 9:00 a 14:00h.

Debe recoller o cheque o titular do mesmo (pai/nai/titor legal do alumnao/a) e presentar o DNI, en caso de total imposibilidade de acudir pode autorizar a alguén mediante impreso que pode descargarse na web do centro, ou solicitalo o propio alumnado na secretaria do centro.

Un saúdo

A Dirección

 

Libros de Texto Curso 2023/24

Achégase a listaxe de libros de Texto de cara ao vindeiro curso 2023/24.

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24

 

Un saúdo

 

A Dirección

INFORMACIÓN FIN DE CURSO 22_23. DATAS DE MATRÍCULA CURSO 23_24

"Instruccións e información importante" de cara ao remate do curso 22_23 e

as datas de matrícula para o curso 23_24

 

  • DATAS DE MATRÍCULA: 

SOLICITAMOS O CUMPRIMENTO DAS QUENDAS QUE SE DETALLAN A CONTINUACIÓN

Aquelas familias que teñan máis dun fillo no centro, poderán matriculalos o mesmo día ainda que sexan para niveis diferentes.

CURSO

DATA

FRANXA HORARIA

1º ESO

MARTES 27 DE XUÑO

9 h a 14:15 h

2º ESO

MÉRCORES 28 DE XUÑO

9 h  a 14:15 h

3º ESO

XOVES 28 DE XUÑO

9h a 14:15 h

4º ESO

VENRES 30 DE XUÑO

9h a 14:15 h

 

Prégase sexa leído con atención. Grazas.

Un saúdo

A Dirección.

Aprendizaxe e servizo á comunidade

No IES de Meaño realizamos todos os anos unha actividade de APS (Aprendizaxe e servizo á comunidade)  para concienciar ao noso alumnado da importancia da labor social.

 

Este curso, a actividade está enmarcada no proxecto “O Meaño que queremos” e consistiu na fabricación e colocación de trampas para velutinas e a limpeza dos roteiros do Río da Chanca. Despois de toda unha mañá de traballo, alumnado e  profesorado conseguiron recolectar aproximadamente uns 50 kg de lixo e colocar un total de 120 trampas para Velutinas.

APS

USO DO MÓBIL. NORMAS E RECOMENDACIÓNS

 Uso do Móbil

 Derivado da observación que facemos do alumnado e das charlas con expertos na materia que recibimos no centro alumnado, profesorado e familias, creemos necesario realizar certas recomendacións sobre o uso que o alumnado fai dos dispositivos móbiles:

 

Normas do centro

    1. A utilización de dispositivos móbiles  polo alumnado no centro está prohibida.  (Unicamente poderían utilizarse se un profesor o autoriza con fins educativos).

    2. O alumnado non precisa o teléfono móbil para o seu traballo no centro, polo que se recomenda que NON O TRAIAN AO CENTRO. No centro dispoñen dun teléfono ao que poder chamar as familias e desde o que poder comunicarse o alumnado en caso de necesidade.

Recomendacións ás familias:

    1. Como pais/nais  temos que SUPERVISAR O USO que os nosos fillos/as FAN DO MÓBIL,que aplicacións utilizan que webs visitan a que xogan, que contas de correo teñen, que redes sociais utilizan, etc.  Do mesmo xeito que controlamos a que hora chega a casa ou con quen queda,  por exemplo. NON TODO E AXEITADO PARA A SÚA IDADE. Existen aplicacións para facelo 

    2. Deben apagar o móbil pola noite para poder descansar axeitadamente, incluso poden deixalo fóra da habitación.

 

Nos seguintes enlaces tedes moita máis información:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut