Skip to Content

Taboleiro de novas

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Trátase de actividades que están financiadas parcialmente pola administración educativa e que se desenvolven nos meses de xullo e agosto. Consideramos que poden resultar de moito ineterese para o alumnado de cara a mellorar o seu desenvolvemento en lingua Inglesa.

Se precisades axuda podedes acudir o centro.

Aqui tedes a información elaborada polo centro

Aqui podedes consultar  a información da consellería.

Un saúdo

A Dirección

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Logo de realizado o proceso de reserva de prazas para os centros adscritos ó IES de Meaño, pódese consultar o  número de prazas ofertadas por este centro para o curso 2020/21, e as intruccións para o proceso de solicitude de admisión, necesario só para alumnado de centros non adscritos ou que se incorporen ao sistema educativo. 

 Podedes consultar NO CENTRO ou na aplicación Admisioalumnado o listado de admitidos da reserva de praza para o curso 2012/21 do IES de Meaño.

 Recordamos que se poderá solicitar a admisión  do 1 ó 20 de marzo de 2020.

 

Un saúdo 

A Dirección

Obradoiro de esculturas literarias

Continuamos coa segunda fase do Obradoiro de esculturas literarias, na que o alumnado da primeira fase ensina ó resto de alumnado do centro.

CONMEMORACIÓN DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (30 DE XANEIRO).

Os alumnos/as de 4º de ESO realizaron un programa de radio en directo no pavillón para todo o alumnado sobre a CONVIVENCIA no instituto. Entrevistaron a Mari Daporta (secretaria). Tamén entrevistaron a María Fernández, Estrela Carballo e Ángela Chan (titora e titorandas do proxecto Titorando) e a Paula Dasilva (premio CIR do curso 18/19).

Os delegados/as dos diferentes grupos fixeron as súas reflexións sobre a convivencia no centro.

O xefe de estudos anunciou os cinco alumnos/as que máis aportan a un clima positivo de convivencia no centro (elexidos en votación polos seus compañeiros, o profesorado e os conserxes). Os seleccionados foron: Diego Salgueiro, Antía Fontán, Mariña García, Lucía Vilar e Sabela Gonzalo. Recibiron unha gran ovación dos presentes. Noraboa ós/ás cinco por este merecido recoñecemento.

Aris Salomón Padín, gañadora do Concurso de postais de Nadal de Nabia Naviera

Noraboa a Aris, alumna de 3º de ESO A, que foi a gañadora, na súa categoría, do concurso de postais de Nadal da empresa Nabia Naviera, que ten como premio unha viaxe para ela e os seus compañeiros á Illa de Ons ou ás Illas Cíes.

Reunión Familias -Titores

Convócase ós pais/nais dos alumnos e alumnas do I.E.S. de Meaño a unha reunión no Instituto o vindeiro xoves 17  de outubro, ás 20:15 h.

En primeiro lugar o equipo directivo falará de aspectos xerais do novo curso e logo cada titor, cos pais e nais dos alumnos/as do seu grupo, manterá unha xuntanza para tratar aspectos dese grupo.

Trátase dunha primeira toma de contacto co titor do grupo e unha ocasión para que éste presente a súa forma de traballo para levar a bo fin a titoría.

É importante a súa asistencia a dita xuntanza, dado que, soamente coa colaboración das familias, é posible avanzar no proceso de aprendizaxe dos seus fillos/as.

A Dirección

Comezo de Curso

Información importante de cara o inicio de curso:

  • curso comezará o Luns 16 de Setembro as 8:45h, ese día as clases rematarán as  15:10h. Ese día xa haberá servizo normalizado de transporte escolar.

                                          O horario escolar do centro é :

Luns e Mércores:  8:45h- 15:10h

 

Martes, Xoves e Venres:   9:00h a 14:35h

Publicase a Resolución Definitiva do Fondo de Libros.

Publícase a Resolución Definitiva do Fondo de Libros.(3º e 4º ESO)

Nela pódese consultar as materias e libros asignados a cada alumno.

  • A aplicación informática da Consellería é a que asigna os libros os alumnos de xeito automático, en función da renda, polo que o centro non pode decidir cales son as materias dos libros que se lle asignan a cada alumno.
  • Enviarase, a través do alumnado,  un documento as familias selado polo centro coa lista de libros entregados o alumno. As Familias deberán devolver este documento asinado canto antes para deixar constancia documental da entrega, e seralles devolto asinado pola dirección.
  • Os libros serán entregados os alumnos no centro  polo profesor na súa materia paulatinamente,o longo dos primeiros días de curso.

 Listaxe Definitiva de Admitidos

Listaxe Definitiva de Excluídos

  • AXUDAS MATERIAL: O centro informará a través da súa web cando poden vir os pais/nais/titores legais a​ ​recoller​ ​os​ ​cheques​ ​de​ ​axudas​ ​para​ ​mercar​ ​material​ ​escolar. Deberán vir a recollelos en persoa.En caso de non poder acudir poderán autorizar a algúen mediante  este documento 

 

Listaxe Axudas material 

 

 

O alumnado de 1º ESO e 2º ESO non participa no FondoLibros da Consellería por estar no proxecto EDIXGAL.De todas formas, para as materias que non están integradas en EdixGal e que teñen libro de texto, o centro repartirá durante a primeira semana de curso entre o alumnado os libros dos que dispón de xeito correlativo comenzando pola Letra "K" ata rematar as existencias, como foi acordado no Consello Escolar.

 

Un saúdo 

A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut