Skip to Content

Reunións

Enquisa satisfacción co centro

Achegamos unha enquisa totalemnte anónima, co obxecto de coñecer a opinión das familias sobre o funcionamentro do centro.

 

Enlace á enquisa

 

A vosa opinión é importante para nós.

Grazas pola colaboración

Un saúdo 

A Dirección

 

Xornada CDA (COMUNIDADE DE APRENDIZAXE)

XORNADA CDA (COMUNIDADE DE APRENDIZAXE)

 

Estimados membros da comunidade educativa do IES de Meaño,  todos os anos ao remate do curso escolar realizamos unha xornada de comunidade de aprendizaxe,  na queinvitamos ás familias e antigo alumnado do centro, e na que o noso alumnado prepara unha serie de Obradoiros para amosar moitas das cousas que aprenderon durante este curso.

Todos os que o desexen, poderán ver en persoa o resultado do traballo levado a cabo con moito esforzo polo alumnado durante o curso. e unirse ao recoñecemento que faremos a aqueles alumnos/as que destacaron pola súa implicación e colaboración na organización da vida escolar.

LUGAR: IES de Meaño

DATA: Mércores 21 de xuño

HORARIO: 11:30 a 15:00h (Podedes achegarvos en calquera momento)

PROGRAMA

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR DE REALIZACIÓN

11:00-13:00

OBRADOIROS EDUCATIVOS: arte na nube, realidade virtual, xadrez, extracción de ADN, cortadora láser., modelado 3D, , impresión 3d, robótica, etc.

Patio interior e pavillón

13:30-14:45

ACTO FINAL DE CURSO 

  • Servizo á comunidade: entrega dos fondos recadados para unha ONG/asociaición.

  • Recoñecemento á colaboración e implicación do alumnado (alumnado titor, delegados/as, colaboradores de biblioteca, premio CIR... )

  • Acto  despedida  alumnado de 4º de ESO 

Pavillón

 

Agardámosvos. Un cordial saúdo.

 

O director

 

Distribuir contido


by Dr. Radut