Skip to Content

ESCOLA DE FAMILIAS

ESCOLA DE FAMILIAS DO IES DE MEAÑO

 

Convidamos a todas as familias do alumnado do IES de Meaño a un obradoiro impartido por especialistas da Garda Civil sobre:

“PERIGOS DE INTERNET E DAS REDES SOCIAIS. CONTROL PARENTAL”

Dentro do Plan Director organizamos esta actividade para tratar de proporcionar ás familias orientacións sobre como abordar cos nosos fillos/as os problemas derivados do uso das novas tecnoloxías (móbiles, redes sociais, etc..).

Segundo os datos oficiais, só o 25% das familias españolas supervisan ou poñen límites ao uso que os menores fan da rede, e como pais e nais temos a obriga de defender aos nosos fillos/as dos perigos que se derivan do uso de internet.

 

Agardamos poidades acudir. 



page | by Dr. Radut