Distribución de máscaras entre o alumnado
Distribución de máscaras entre o alumnado
Hoxe 9/12/2020, ven de publicarse no Taboleiro do centro (tamén se pode consultar en internet ,no aplicativo "Fondolibros", con certificado dixital ou chave 365) a "Listaxe Definitiva do alumnado beneficiario das máscaras"
O alumnado entregoúselle unha circular que deberá traer asinada canto antes para proceder nos vindeiros días a distribución das máscaras.
Ven de publicarse no Taboleiro do centro (tamén se pode consultar en internet ,no aplicativo "Fondolibros", con certificado dixital ou chave 365) a "Listaxe Provisional do alumnado beneficiario das máscaras"
O período de reclamacións será de dous días , ata o vindeiro Venres 4 de Decembro , incluído.
Posteriormente publicaranse as Listaxes Definitivas e procederase á entrega das máscaras ao alumnado beneficiario tan pronto sexa posible.
A ORDE do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de Novembro) regula a distribución de máscaras entre o alumnado
Terá dereito o alumnado que:
1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar(50€) neste curso.( Non ten que presentar a solicitude. Téñenas concedidas por defecto.)
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
Os que NON presentaron a solicitude da axuda de material escolar, poden solicitar a súa participación no procedemento de distribución de máscaras SEMPRE QUE CUMPRAN ALGÚN DOS REQUISITOS ANTERIORES
A presentación da solicitude farase de xeito presencial no IES. Consultar os requisitos no DOG do 13 de novembro.
O prazo de presentación das solicitudes e do 16 ao 27 de novembro.
A dirección