Skip to Content

Taboleiro de novas

RADIOACTIVA

Radioactiva xa vai empezar a emitir os seus programas. O primeiro xa está elaborado pero falta emitilo. Nas fotos tedes ao equipo de redacción xantando uns bocadillos na cafetería do centro e despois traballando na biblioteca na redacción do programa. Esperamos poder emitir en breve.

Reunión Pais-Titores

Convócase ós pais/nais dos alumnos e alumnas do I.E.S. de Meaño a unha reunión no Instituto o vindeiro xoves 18  de outubro, ás 20:00 h.

En primeiro lugar o equipo directivo falará de aspectos xerais do novo curso e logo cada titor, cos pais e nais dos alumnos/as do seu grupo, manterá unha xuntanza para tratar aspectos dese grupo.

Trátase dunha primeira toma de contacto co titor do grupo e unha ocasión para que éste presente a súa forma de traballo para levar a bo fin a titoría.

É importante a súa asistencia a dita xuntanza, dado que, soamente coa colaboración das familias, é posible acadar uns bos resultados na educación dos seus fillos/as.

11 de Outubro de 2018

O Xefe de estudos

E-DIXGAL e ABALAR MÓBIL

Dende o IES de Meaño informamos ás nais/pais/titores legais do alumnado do noso centro sobre o proxecto  E-DIXGAL e  ABALAR MÓBIL, podedes aceder a nota informativa nos seguintes enlaces:

 

PROXECTO E-DIXGAL

PROXECTO ABALAR MÓBIL

 

O vindeiro Mércoores 3 de Outubro as 17h teremos una sesión informativa para as familias do alumnado de 1º ESO sobre o proxecto E-Dixgal

E ese mesmo día Mércores 3 de outubro as 18h  outra sesión informativa para as familias de todo o alumnado do centro, sobre Abalar Móbil. 

 

 

 

 

Guía para Familias Abalar Móbil

Guía para as Familias (Espazo Abalar)

 

Un saúdo 

A Dirección

Entrega libros e Vales material

Enviouse a través do alumnado o documento de entrega de libros para que sexa asinado polos responsables legais. Deben devolvelo asinado antes do Venres 21 de Setembro. Os libros iranse entregando paulatinamente nos vindeiros días.

Por outra banda, xa se poden vir a recoller o centro os vales de material, para aqueles representantes legais os que lle foron concedidos (consultar listaxe). Deben de vir a recollelos en persoa en horario de luns a venres de 9:00h a 14:30h. En caso de non poder facelo poden autorizar  a un adulto mediante o formulario que enviamos por medio do alumnado.

Un saúdo 

 

Información Inicio de Curso

Información importante de cara o inicio de curso:

  • O curso comezará o Luns 17 de Setembro as 8:45h, ese día as clases rematarán as 14:35h en lugar das 15:10h. Ese día xa haberá servizo normalizado de transporte escolar.
  • A partires do Martes 18 de Setembro o horario será o habitual do centro:

                                          O horario escolar do centro é :

Luns e Mércores:  8:45h- 15:10h

Martes, Xoves e Venres:   9:00h a 14:35h

 

  • O servizo de cafetería está adxudicado, pero de momento a Consellería non autorizou o comezo da mesma, polo que durante os primeiros días de curso non haberá servizo de cafetería no centro. Sería conveniente polo tanto que o alumnado traia merenda da casa.

 

Un saúdo 

A Dirección

Fondo de Libros de Texto : Listaxe Definitiva

Publícase a Resolución Definitiva do Fondo de Libros.

Nela pódese consultar as materias e libros asignados a cada alumno.

  • A aplicación informática da Consellería é a que asigna os libros os alumnos de xeito automático, polo que o centro non pode decidir cales son as materias dos libros que se lle asignan a cada alumno.
  • O alumnado de 1º ESO recibe como máximo 3 libros porque o resto de materias entran no proxecto EDIXGAL.
  • Enviarase, a través do alumnado,  un documento as familias para que sexa asinado e devolto o centro. Unha vez devolto o centro, dito documento será  asinado pola direción  para que quede xustifacante da entrega dos libros, e posteriormente devolverase as familias.
  • Os libros serán entregados os alumnos no centro tan pronto como as familias devolvan o documento asinado e  teñamos as existencias para todo o alumnado o cal lle foron concedidos libros. Cada profesor na súa materia irá entregando os libros paulatinamente,

 Listaxe Definitiva de Admitidos

Listaxe Definitiva de Excluídos

  • AXUDAS MATERIAL: O centro informará a través da súa web cando poden vir os pais/nais/titores legais a​ ​recoller​ ​os​ ​cheques​ ​de​ ​axudas​ ​para​ ​mercar​ ​material​ ​escolar. Deberán vir a recollelos en persoa.En caso de non poder acudir poderán autorizar a algúen mediante documento que será enviado a través dos alumnos.

Listaxe axudas material admitidos

Listaxe axudas material excluídos

Un saúdo 

A Dirección

Calendario Exames de Setembro

Aquí podedes consultar o Calendario de Exames de Setembro, así como as datas de interese.

 

 

HORARIO DE VERÁN DO CENTRO:

XULLO (Do 1 ó 31):DE 9:30 a 14:00

AGOSTO (Do 1 ó 31): Pechado.

SETEMBRO(Do 3 ó 14) : DE 9:00 a 14:00

 

O curso 18-19 comezará o día 17 de Setembro

Calendario de matricula e Información Fin de Curso

O calendario de matrícula para o curso 2018/19 será o seguinte:

PRAZO ORDINARIO

1º ESO:                    XOVES, 28 DE XUÑO, de 9:30 a 14 horas

2º, 3º e 4º ESO:       VENRES  29 DE XUÑO de 9:30 a 14 horas

PRAZO EXTRAORDINARIO

1º, 2º, 3º e 4º ESO:    XOVES DÍA 7 DE SETEMBRO de 9:30 a 14 horas

 

Adxuntamos ademáis Calendario de Fin de Curso con algunhas datas que poen ser de interese.

Libros de Texto:

  • O alumnado qure dispón de libros pertencentes o Fondo  de Libros deberá devolvelos durante a derradeira semana do curso con data límite o xoves 21 de Xuño. En caso contrario non poderá optar o Fondo de Libros do curso 2018/19. Os libros das materias que lles queden pendentes para setembro poderá quedarse con eles e devolvelos en setembro.
  • O alumnado que teña libros en propiedade e desexe donalos o fondo de libros do centro tamén pode facelo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut