Skip to Content

Taboleiro de novas

Concurso de Robotica e Visita o Muncyt

O alumnado de 3º  e 4º A ven de participar, a través do departamento de Tecnoloxía, no VII Obradoiro-Concurso de Robótica organizado pola Fundación Barrié e Igaciencia. Este celebrouse na Coruña e consistiu nunha primeira hora de toma de contacto co Robot e a sua linguaxe de programación, e unha segunda hora de Concurso cunha serie de retos que, por grupos, debían tentar resolver. A experiencia foi moi gratificante e a motivación dos rapaces impresionante. Aproveito para dar públicamente as grazas os nosos alumnos pola sua implicación.

 

 Obradoiro Robótica   obradoiro
concurso

Ademáis nesta viaxe aproveitamos para visitar o MUNCYT(Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía), un sitio moi interesante e digno de visitar en máis dunha ocasión. Entre outras cousas puidemos entrar na cabina dun Boeing 747, concretamente o "Lope de Vega" que en, entre outras cousas,foi o encargado de traer dende EEUU a España unha importante obra pictórica, ¿adiviñades cal é?

       teito illante do son 
 Boeing 747 boeing

 

 

 

 

Google APPS for Education

apps

 Xa temos implantado Google Apps for Education” no noso centro, este servizo nos ofrece un conxunto de ferramentas 2.0 para que poidamos traballar cun correo corporativo do IES e para crear un entorno de traballo colaborativo, tentando así mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe dos nosos alumnos.

 Entre estas ferramentas se atopan: Gmail, Google Drive, Google Calendar, Sites, Classroom, etc.etc.Estesservizosson proporcionadospor Googleeestán disponiblesen calqueramomento dendecalqueraparatoconectado a Internet.

 Deste xeito todo o profesorado, alumnado e persoal do centro dispón xa dunha conta de “Google Apps for Education”,  pero co dominio “@iesmeanho.com”.

 Para acceder a este servizo precisaredes o usuario e contrasinal que se vos proporcionou dende o centro.

Se queredes aprender algo máis acerca das posibilidades deste servizo podedes ver este video:

 

SUBCAMPIÓNS DO MUNDO na d3mobile Metrology World League

¡¡¡SUBCAMPIÓNS DO MUNDO !!!

Un grupo de alumnos de 4º da ESO do IES de Meaño, SUBCAMPIÓNS DO MUNDOna liga mundial de modelado 3D de precisión co móbil( d3mobile Metrology World League).

 

 

A través do departamento de Tecnoloxía, os alumnos de 4ºB do IES de Meaño participaron durante este curso na liga mundial de modelado 3D de precisión a partires de fotografías, tomadas co  móbil, foi un traballo intenso e divertido no que aprendemos moitas cousas, e que nos levou a ser os segundos a nivel mundial.

Os integrantes do equipo gañador foron: Oscar Rey, Antonio Suárez, Manuel Touriño e Borja Vázquez, coordinados polo profesor de Tecnoloxía César Ferñández Riádigos.

Os integrantes do equipo agradecen a colaboración prestada tanto pola comunidade educativa como pola organización do campionato.

A competición está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela a través do grupo de investigación USCAN3D, a FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), e o CEM (Centro Español de Metrología) e polo Instituto Geográfico Nacional.

O obxectivo principal desta actividade é a elaboración de modelos tridimensionais a escala, realizados a partires de fotografías tomadas co teléfono móbil e un ordenador con programas específicos gratuítos. Ao tempo que se fomentan vocacións científicas e técnicas entre os xoves e espertan a súa capacidade investigadora.

O modelado 3d de precisión ten moitas aplicacións na vida real: deseño de pezas de aeronaves, na Fórmula 1, no deseño de videoxogos, na fabricación de próteses médicas, na arquitectura, escultura, etc,etc.

Aquí podedes ver máis exemplos

A nivel educativo foi una experiencia enriquecedora tanto para o profesor como para os alumnos, nos permitiu aprender uns dos outros, e ir adquirindo por nos mesmos competencias, que puxemos en práctica tanto na materia de tecnoloxía como noutras areas e por suposto no desenrolo do concurso. Se a isto lle engadimos a posibilidade de acadar premios importantes, a motivación estaba garantida.

Esta actividade a estamos completando dende o departamento de Tecnoloxía con outro grupo de 4º da ESO, mediante a montaxe dunha IMPRESORA 3D de hardware libre, que nos permitirá imprimir en plástico calquera deseño dun obxecto feito por ordenador, que podería ser debuxado, ou creado a partires das técnicas de modelado 3D como as utilizadas neste concurso.

 

A cerimonia de entrega de premios celebrarase o xoves 29  de xuño ás 12:00 no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela).

Máis Información: http://www.d3mobile.es

 

 

 

 

 

 

 

Concurso de Inventores 2017

 

 

InicioBases del Concurso¿Por donde Empiezo?¿Como redactar el Trabajo?Formulario de participación

 

4º CONCURSO DE INVENTORES

 

2017 

IES DE MEAÑO

Abierto a  todos los alumnos de Galicia!!!!

Totalmente on-line

Plazo hasta el 08/05/2017

 

¿QUIERES SER INVENTOR?

 

 

 

Probablemente pienses que ser inventor es algo muy difícil, pero..... hay muchos inventos sencillos que se nos habrían podido ocurrir a cualquiera de nosotros, por ejemplo el Chupa-Chups, un caramelo con un palo, difícil de inventar eh!!!, púes se le ocurrió a un español, Enric Bernat, allá por el 1958, la idea era sencilla pero mira cuanto rendimiento le dió.

Muchas veces las ideas nos vienen a la cabeza pero nos da miedo llevarlas a cabo o pensamos que probablemente ya se le haya ocurrido a alguien antes, y a lo mejor no es así, asi que.....

¿te atreves a Inventar?

 

  Bases del Concurso en PDF

 

PLAN DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO CA-AC

Un grupo de profesores do Instituto de Meaño está participando durante este ano escolar nun curso de Introdución de estratexias cooperativas na aprendizaxe, titulado "Cooperar a aprender e Aprender a cooperar". Este curso comprende tres fases: Introdución, Xeralización e Consolidación, e está dirixido por profesorado da Universidade de Vic e coordinado pola asesora do CFR de Pontevedra.

O obxectivo desta actividade é a de introducir na aprendizaxe estratexias innovadoras para tratar de mellorar o rendemento escolar dos nosos alumnos/-as.

Neste proxecto participan outros centros da provincia, algúns xa no segundo ano da experiencia. Unha das actividades deste curso consiste en que os profesores partipantes poñan os resultados da experiencia en común con participantes doutros centros.

A experiencia está programada a dous anos, pero a idea é que aquelas estratexias que resulten beneficiosas os profesores as poidan introducir nas súas programacións.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut