INICIO DO CURSO 2020_21
PUBLICAMOS INFORMACIÓN IMPORTANTE DE CARA AO INICIO DO CURSO 2020_21
- INICIO DA ACTIVIDADE lECTIVA:
Dadas as circunstancias sanitarias e a necesidade de formar correctamente ao alumnado nos diferentes procedementos relacionados co “Plan de Adapatación a situación Covid do IES de Meaño”, a acollida ao alumnado farase de xeito escalonado, como pode verse no seguinte cadro:
- O primeiro día o único material que precisan é un caderno e un bolígrafo.
- O alumnado de 2º ESO traerá o primeiro día o seu ultraportatil cargado.
- O servizo de transporte funcionará de xeito habitual. (pódense consultar paradas e itinerarios na web do centro.
- O alumnado de 4º non poderá acudir ao centro antes das 11h do Venres 25
- O segundo día de clase de cada nivel, o alumnado incorporarase no horario habitual.
- 1º DA ESO- REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE SE INCORPORA A 1º DA ESO
Será o Martes 22 de setembro as 19:30h no Pavillón do centro
- REUNIÓN DAS FAMILIAS COS TITORES DE CADA GRUPO:
Dadas as circunstacias sanitarias NON SE LEVARÁ A CABO a reunión presencial cos titores que adoita ser habitual, os titores contactarán coas familias a través de Abalar Móbil
DOCUMENTOS DE ADAPTACIÓN DO CENTRO A SITUACIÓN COVID:
- PRESENTACIÓN RESUMO
- PLAN DE ADAPTACIÓN A SITUACIÓN COVID DO IES DE MEAÑO
- DECLARACIÓN RESPONSABLE E ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN COVID
- PLAN DE CONTINXENCIA
- PLAN DE ACOLLIDA
- PLANOS DE ACCESO AO CENTRO
Será un ano diferente pero co compromiso de todos seguro que saimos adiante.Grazas pola vosa colaboración e compresnsión nestes tempos tan imprevisibles.
Un saúdo
A Dirección