FacebookSíguenos en YouTube

Curso 2013-14

Nuria Vilariño Lema premiada no certame Ciencia que Conta 2013

Concurso Ciencia que Conta 2013

Nuria Vilariño Lema, alumna de segundo de ESO do IES Maximino Romero de Lema, resultou premiada dentro do certame Ciencia que conta 2013, un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. O xurado, decidiu outorgar o primeiro premio á nosa alumna polo relato O gris das fedoras, que podedes consultar no adxunto.

Parabéns Nuria.

Máis información:
Nova publicada en La Voz de Galicia.
Relato Gañador

Lecturas de Nadal recomendadas pola Biblioteca

Lecturas de Nadal

 Lecturas para o Nadal.

Dende a Biblioteca, fixemos unha escolma de Lecturas clasificadas por Curso recomendables para este Nadal, que podedes consultar premendo na seguinte publicación:

Feira de Nadal de Troco de Libros

Feira de Nadal de Troco de Libros

Feira de Nadal de Troco de Libros

Dende a Biblioteca queremos animarvos a participar na FEIRA DE TROCO DE LIBROS...

Esta iniciativa xorde coa vontade que podas acceder a lecturas que non tes e que outros libros ou materiais dos que ti gozaches lle podan chegar ás mans doutros lectores.

Se che agrada a idea e estás interesad@ en participar, aquí tes os pasos a seguir:

1. Trae algún libro que teñas na casa e que che apeteza cambialo por outro. Deposítao na Biblioteca e cada libro, cómic, CD... que traias cambiarémoscho por un vale.

O prazo de recollida dos mesmos remata o día 16 de decembro.

2. Os días 17 e 18 de decembro haberá habilitado un espazo fóra da Biblioteca con tódolos exemplares que vaian chegando. Eses días poderás cambiar o teu vale ou vales.. polos libros que che interesen.

Feira de Nadal de Troco de Libros

O Amigo Invisible pasa pola Biblioteca

O Amigo Invisible pasa pola Biblioteca

Invisible

Este Nadal pode ser distinto...chegou o amigo invisible!

Non che gustaría que alguén do centro te sorprendera cunha película, un CD de música, un cómic, unha novela...Pensa que é posible que ocorra...

A todo esto... ti tamén sentirás a necesidade de abraiar a alguén da túa aula.

Aí che vai a solución para que podas dar e recibir. Sigue estes pasos, son sinxelos:

1. Facede un sorteo no voso grupo para ver quen vai ser o amigo de cada un de vós.

2. Unha vez que saibas quen é o teu amigo, vai á Biblioteca, curiosea o que hai por alí e pensa o que lle pode interesar.

3. Co teu carné colle ese agasallo, rexístrao na Biblioteca e despois...

4. ...só che queda coller papel de envolver os agasallos na Biblioteca e empaquetalo.

5. Ponlle un adhesivo co nome do afortunado/-a que vai recibir o galano e déixalle unha pequena mensaxe nunha tarxeta. Despois deposítao na Biblioteca.

Libraría

Antes de que marchemos de vacacións alguén repartirá polas aulas todos eses agasallos...

Imaxinamos que che gustaría recibir un... Entón xa sabedes... Participa e dálle a sorpresa a alguén... Non serás dos que só queren recibir e non dar...

(Todo o material que necesites proporcionaracho a Biblioteca: papel agasallo, adhesivos, tarxetas...)

IMPORTANTE: O préstamo é temporal. Deberá devolverse á volta de vacacións.

O Nadal na Biblioteca

Nadal na Biblioteca

 

Actividades de Nadal na Biblioteca

Dende a Biblioteca queremos informar de dúas actividades propostas para este Nadal.

Consulta cada unha premendo no seu nome ou na súa imaxe:

O Amigo Invisible

Feira de Troco de Libros

Feira de Nadal de Troco de Libros.

O amigo Invisible pasa pola Biblioteca.

Libro do Magosto da Biblioteca

Magosto

A celebración do Magosto, foi un bo motivo para a elaboración dun Libro dende a Biblioteca que recolle receitas, cantigas, rituais e outros aspectos típicos desta data.

Consulta o Libro premendo nel

Concienci@cción

Concienci@cción

Concienci@cción

A continuación descríbense as accións solidarias que se levarán a cabo no IES de Baio durante o mes de Decembro.

A Verdadeira Marca da Roupa (http://glorr.com/web)

Recollida de Roupa

Trátase dunha campaña de recollida de Roupa e Calzado para a Fundación GLORR.

A data límite para recoller a roupa e calzado remata o día 9 de Decembro.

Pasaporte Solidario (http://www.voluntariadogalego.org)

Voluntariado

O xoves 5 de Decembro a Asociación Íntegro virá expoñer a súa visión sobre o voluntariado ao centro.

Trocando Lecturas (Biblioteca)

Troco de Libros

Dende a Biblioteca do Centro estase a traballar no proxecto de Troco de Libros para levalo a cabo coas seguintes datas:

-16 de Decembro: Data límite de entrega de libros.

-17 e 18 de Decembro: Feira do Libro de Nadal.

Tapóns por Sorrisos (http://todosconjm.wordpress.com/recollida-de-tapons)

Recollida de Tapóns

Levarase a cabo unha recollida selectiva de tapóns para axudar a José Manuel (Vedra) en colaboración co Concello. Manterase todo o curso.

Consulta os Tapóns Válidos premendo a seguinte imaxe.

Tapóns Válidos

De Bote en Bote...Compartindo

Recollida de Alimentos

Terá lugar unha campaña de Recollida de Alimentos entre o 9 e o 19 de Decembro en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Zas, que xestionará o reparto dos alimentos.

Removendo Xoguetes

Recollida de Xoguetes

Levarase a cabo unha campaña de Recollida de Xoguetes entre o 9 e o 19 de Decembro en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Zas, que xestionará o reparto dos alimentos.

Máis Traballos sobre o Magosto!!

Magosto

A celebración do Magosto, foi un bo motivo para a elaboración dunha serie de traballos que afondan nesta temática.

 

Distribuir contido