FacebookSíguenos en YouTube

Concienci@cción

Concienci@cción

Concienci@cción

A continuación descríbense as accións solidarias que se levarán a cabo no IES de Baio durante o mes de Decembro.

A Verdadeira Marca da Roupa (http://glorr.com/web)

Recollida de Roupa

Trátase dunha campaña de recollida de Roupa e Calzado para a Fundación GLORR.

A data límite para recoller a roupa e calzado remata o día 9 de Decembro.

Pasaporte Solidario (http://www.voluntariadogalego.org)

Voluntariado

O xoves 5 de Decembro a Asociación Íntegro virá expoñer a súa visión sobre o voluntariado ao centro.

Trocando Lecturas (Biblioteca)

Troco de Libros

Dende a Biblioteca do Centro estase a traballar no proxecto de Troco de Libros para levalo a cabo coas seguintes datas:

-16 de Decembro: Data límite de entrega de libros.

-17 e 18 de Decembro: Feira do Libro de Nadal.

Tapóns por Sorrisos (http://todosconjm.wordpress.com/recollida-de-tapons)

Recollida de Tapóns

Levarase a cabo unha recollida selectiva de tapóns para axudar a José Manuel (Vedra) en colaboración co Concello. Manterase todo o curso.

Consulta os Tapóns Válidos premendo a seguinte imaxe.

Tapóns Válidos

De Bote en Bote...Compartindo

Recollida de Alimentos

Terá lugar unha campaña de Recollida de Alimentos entre o 9 e o 19 de Decembro en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Zas, que xestionará o reparto dos alimentos.

Removendo Xoguetes

Recollida de Xoguetes

Levarase a cabo unha campaña de Recollida de Xoguetes entre o 9 e o 19 de Decembro en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Zas, que xestionará o reparto dos alimentos.