FacebookSíguenos en YouTube

Premio Proxecto de Innovación Lingüística ao "Proxecto Regueifesta"

Logotipo RegueifestaO IES Maximino Romero de Lema acaba de ser recoñecido, unha vez máis, polos premios de Proxectos de Innovación Lingüística ao "Proxecto Regueifesta".

Enlace á resolución da convocatoria
Sitio web da Regueifesta

Ao mesmo tempo acaba de presentase en Compostela o encontro co alumnado do IES de Arratia para participar no primeiro encontro de Regueifa e Bertso entre escolares.

Estas actividades forman parte dunha xornada que leva por lema "A regueifa está na mesa… camiño da escola", enmarcada no Proxecto Regueifesta. O Concello de Santiago, a través dos departamentos de Lingua e de Educación, colabora con esta iniciativa, que quere poñer en valor a regueifa como método de normalización lingüística e desenvolvemento persoal e social.

O proxecto está impulsado polo IES Maximino Romero de Lema de Baio e o IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces. O seu alumnado visitou esta mañá Compostela, dentro do encontro que están a manter cos estudantes dun instituto biscaíño, o IES de Arratia.

Esta Regueifesta enmárcase tamén no 1º Encontro Regueibertso Galiza-Euskal Herría. O intercambio escolar do proxecto Regueibertso continuará entre os días 13 e 16 de maio, cando serán os rapaces do Maximino Romero de Lema de Baio, os que visiten Euskadi, xunto cos alumnos do IES Perdouro, de Burela e do IES Marco do Camballón.

Información na web do Concello de Santiago de Compostela
Información no diario Faro de Vigo
Información no diario Que pasa na Costa