Actividades programadas

● Visita ás escolas taller de Cangas (Granxa da Rúa) e de Moaña (Padroado
Beiramar) para ver as posibilidades de facer cursos de formación
ocupacional.
● Visita aos I.E.S. de Rodeira (Cangas), Paralaia (Moaña), Johan Carballeira
(Bueu), Xunqueira (Pontevedra), Manuel Antonio e Paz Andrade (Vigo) ou o
CFEA de Lourizán para ter coñecemento da existencia e funcionamento dos
Ciclos Formativos de Grao Medio do contorno: condicións de acceso,
materias, prácticas, saídas laborais, etc. Ver fotos
● Visita á Escola de Adultos de Cangas: cursos, actividades complementarias,
etc