Terras de acolá

Tivemos no instituto a exposición titulada "TERRAS DE ACOLÁ" relacionada cuns documentais do mesmo título e o venres 8 de outubro o seu realizador, Luís Menéndez, explicounos como fora o seu traballo na realización deses documentais. Esas terras eran os países que tiñan, entre outras, como lingua o portugués, eran países da lusofonía. Así toda a xente que saía no vídeo, a pesar de ser dunha raza, dunha cultura diferente á nosa podía entenderse a través do portugués. Isto é así porque os portugueses foron grandes navegantes. Os países de TERRAS DE ACOLÁ son moi diferentes, están en África (Angola, Mozambique, Cabo Verde, etc.), en Ámerica (Brasil), en Asia (Timor Leste) ou no extremo occidental de Europa, Portugal. As paisaxes son impresionantes e hai fenómenos moi curiosos como a pororoca, unha vaga enorme que se forma nun afluente do Amazonas cando penetra a auga do mar, as imaxes eran do máis sorprendentes, a barca da televisión e unha onda que se deslizaba detrás dela. Tamén nos contou que en moitos destes sitios hai moita pobreza, como en Angola, ou que en zonas de Guinea Bissau non hai electricidade, ou que en Timor Leste hai unhas casas sagradas ás que só poden ir as persoas anciás. Se queres ver estes documentais en internet podes buscar na TVG á carta.

 

Noemí, Miriam, Carmen, Adrián, Lupe e Cristina (4ºC)