VISITA AO INSTITUO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS-VIGO

Alumnos/as de 2º D de bacharelato realizaron unha visita ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo . Amosoúselles, primeiramente, nunha presentación a historia do centro e da incorporación da muller á investigación. En determinados departamentos observaron os traballos de investigación. resistencia das barbas de mexilón ás cordas dependendo da intensidade das correntes mariñas e do seu propio peso; a influencia dos cambios atmosféricos na conservación e transporte do peixe; cambios ambientais para evitar o deterioro dos produtos mantendo ao mesmo tempo as condicións de frescura e sabor; prevención de enfermidades en invertebrados. Finalmente nun laboratorio observaron avanzados aparatos de medida.