DANZA CONTEMPORÁNEA

O 21 de marzo o Centro Coreográfico Galego actuou no Auditorio de Cangas representando Giseliña. Unha das súas compoñentes achegouse ata o noso centro a impartir un cursiño de iniciación á Danza Contemporánea no que tomou parte o alumnado do Ciclo Superior de Actividades Físico-Deportivas. Realizaron exercicios varios de expresión corporal, así como diversos pasos básicos de danza. Esta actividade foi valorada de xeito moi positivo polos alumnos/as.