VISITA A NODOSA

Os alumnos/as de Tecnoloxía Industrial de 1º D de bach., na compaña da súa profesora, realizaron unha visita a Nodosa, na procura de información sobre a construción de barcos de aceiro, o seu proceso de produción, incluso a concepción mesma do proxecto a través das diversas fases de elaboración diseñadas desde a oficina técnica.

De xeito práctico fixeron un seguimento nos talleres de todo o proceso levado a cabo con máquinas CNC: corte de pranchas mediante oxicorte e plasma, realización das diversas pezas e o seu encaixe posterior, soldadura e montaxe. Esta técnica aplícase por parte de Nodosa aos barcos de pesca, barcos de recreo e pasaxe, remolcadores, etc. Para máis información www.nodosa.com