"Mira por él"

"Mira por él" é un programa de achegamento ao patrimonio cultural galego promovido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Con este programa, mediante proxeccións e actividades, móstrase ó alumnado o noso patrimonio material e inmaterial e a importancia da súa conservación.

Tivo lugar entre o 25 de abril e o 6 de maio e participou o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Mediante exposicións, vídeos, xogos, etc. pretendeuse afondar no coñecemento do noso patrimonio cultural para valoralo e así coidalo, defendelo, protexelo e conservalo.

Galería de fotos