Entroido 2008

Para manter vivas as tradicións da nosa comunidade no Centro celebrouse o Carnaval. Foi o venres 1 de febreiro. Xa no ágora tiñamos unha exposición de máscaras realizadas polo alumnado de Plástica.

A partir das 12:00 horas suspénderonse as clases para que o alumnado e profesorado poidera disfrazarse e participar das actividades programadas para amenizar a xornada ( Se ben e certo que xa dende as primeiras horas da mañá se vivía o ambente festivo no centro, atopándonos con alguns alumnos/as disfrazados/as)

Disfrutaron con nós da festa, un grupo de alumnos/as do Juan XXIII, buscando a outra metade da tarxeta entre compañeiros/as, comendo orellas, desfilando no concurso de disfraces, bailando o son dos gaiteiros e atemorizándonos na “casa do terror”.

Houbo unha participación  moi significativa de alumnado, non podemos decir o mesmo do profesorado, e unha importante colaboración da ANPA xa que aportou as orellas e os premios no concurso de disfraces.    

Galería de imaxes