Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Actividades na biblioteca

30 de xaneiro: recordamos a necesidade de paz!

 

30 xaneiro: Día Escolar da paz

 

Esta é unha data que se adoita celebrar nos centros educativos... porén, non é unha celebración por así dicilo, oficial, pois non hai ningún organismo con autoridade competente que declarara esta data como o "Día da paz". 

De feito, nas nosas buscas na Internet, atopamos algunha referencia a nivel oficial tan só nunhas poucas CCAA, aínda que hai un seguimento irregular promocionado dende certos sindicatos asociados ao ensino, e outro tipo de institucións privadas.

Fonte: USTEA Enseñanza (Unión de Sindicatos de Trabajadoras y Trabajadores de Andalucía). Consultado o 29/01/2024.

Que organismos oficiais son competentes á hora de declarar un "Día de.."? Cando falamos de "Día de...", tendemos a pensar nalgo universal, non si? Pois ben, os organismos competentes a este nivel son entre outros a ONU e a UNESCO.

Entón... Hai un Día Internacional da Paz? Pois claro! Pero é o 21 de setembro. (Buscade máis información na ligazón).

 

O Departamento de Orientación do noso centro organizou unha actividade de lectura pública, buscando poñerlle voz a tantas nenas e nenos que levan falecidos no que vén sendo o peor dos conflitos armados activos na actualidade, a guerra entre Israel e as milicias de Hamas, na franxa de Gaza.

Velaquí algúns dos traballos que levamos facendo dende a materia de Proxecto Competencial, en varios cursos:

     
       

 

Modelo de ficha informativa

Xogamos cos dicionarios

Na biblioteca, xogamos cos dicionarios! 

 

Inauguramos esta sección para exposición dos pequenos traballos feitos polo alumnado de Proxecto Competencial, que está a demostrar que ben sabe usar os dicionarios!

  • Probamos a usar dicionarios da lingua, en papel ou da Internet: Ficha- modelo

Tamén probamos a usar outro tipo de dicionarios:

27 xaneiro: Día Internacional de Conmemoración en Memoria do Holocausto

27 xaneiro

Día Internacional de Conmemoración en Memoria das vítimas do Holocausto

File:Stamp of Ukraine s1530.jpg

Neste día, queremos recordar o horror que significou o Holocausto nazi (ou xudeu), para concienciar sobre a importancia da memoria para que non se repitan feitos tan atroces como este, ao tempo que rendimos homenaxe ás vítimas e aos seus descendentes.

27 xaneiro 2023

Estamos a celebrar por primeira vez este día. Hai que dicir que a selección desta data partiu do traballo do alumnado de V. Éticos de 4º  cos calendarios de celebracións da ONU, e con axuda do alumnado de Proxecto Competencial e o Equipo de Biblioteca, na nosa biblioteca buscamos todo o material que temos relacionado co tema, e fixemos exposición del, dentro e fóra da propia biblioteca.

Materiais elaboradosFile:Jude, Gwiazda Dawida, Star of David, Davidstern, 1940-1944.jpg

A Memoria do Holocausto na web:

Documentais en La noche temática de RTVE:                                                                                                                                 (+12)
1944: ¿Deberíamos bombardear Auschwitz? (59 min.) Sinopse: O relato de dous xudeus fuxidos forneceu información que suscitaría unha das grandes cuestións morais do século XX: deberíase bombardear Auschwitz? En abril de 1944, dous prisioneiros xudeus escapan milagrosamente de Auschwitz. Cando contan o que viviran, o seu testemuño desgarrador revela ao mundo por primeira vez o verdadeiro horror do holocausto: describen con detalle as cámaras de gas e o alcance do programa de exterminio.  Documental emitido o 29/01/2023. Dispoñible ata o 13/02/2023.
Los niños del caos. (1h 27 min.) Sinopse: Maio de 1945, remata a Segunda Guerra Mundial. Millóns de persoas desprazadas deambulan entre os escombros de Europa. Entre eles, milleiros de nenos vítimas de políticas de exterminio, bombardeos ou traballos forzados. Para eles a guerra non terminou. Documental emitido o 29/01/2023. Dispoñible ata o 27/02/2023.

 

Día do Lector

Lectura pública de textos de Xosé Neira Vilas

Obradoiros nas XXCC 2021

"Mar de plásticos"

A Biblioteca, xunto co departamento de Tecnoloxía, organizamos unha actividade de concienciación medioambiental arredor da contaminación por plásticos. A idea orixinal partiu deste libro: Plasticus maritimus, unha especie invasora no que se fala do lixo plástico que por desgraza xa estamos tan acostumados a ver nas nosas praias.

Esta actividade se aplicou a alumnado de 1º e 2º ESO, o xoves 13 de maio. A idea inicial era: primeiro, informarnos sobre o tema (paso 1, en días-semanas previas); logo facer unha camiñada ata a praia e recoller os plásticos que alí viramos (paso 2) e logo voltar ao centro, clasificalos, identificalos (paso 3) e reutilizalos para facer murais (paso 4).

A meteoroloxía dese día non nos permitiu moitas alegrías: o grupo de 1º non poido saír, pero si o de 2º, fois a orballeira empezou a amainar. Logo, e tamén durante días posteriores nas clases de tecnoloxía, plástica e valores éticos, continuamos o traballo nos murais.

Velaquí unhas fotos da actividade:

Paso 1

Paso 2

 

Paso 3

 

Paso 4

 

 

Encontro co autor de BD Víctor Boullón

 

Clube de lectura 2019-20

Reunión do clube de lectura 

O pasado mércores 11 de marzo, reunímonos na biblioteca varios dos membros do clube de lectura, para comentar as nosas impresións sobre o primeiro libro que se leu, Asi es la vida, Carlotade Gemma Lienas.

Velaquí algunhas fotos da reunión

 Deseño de chapa para o noso primeiro clube de lectura

 O clube de lectura: non son todos os que están, pero si que todos os que están son. 

 Deseño de chapa especial "Eu lin a Gemma Lienas"

 Co profesor encargado do clube de lectura...

 

 

 

 ... comentamos sobre Así es la vida, Carlota.

Pouco sabiamos do que viría despois...Chora

Encontro literario con Gemma Lienas

VisítanoGemma Lienas!

Última hora : debido á rápida expansión do Covid-19, e como medida de contención / prevención de contaxios, a escritora non asistirá ao centro, dentro das medidas tomadas pola súa editorial en relación ás firmas, presentacións, etc. Notificaremos a través desta páxina calquera cambio futuro. Desculpade as molestias.

A escritora catalana Gemma Lienas, autora do Diario violeta de Carlota, entre moitos outros títulos, estará connosco, na nosa biblioteca para falarnos de igualdade, feminismo, e como non, dos seus libros.

 

  • Que libros dela podo coller na biblioteca? E, para "picar" un pouco neles, antes de ler...

El diario violeta de Carlota

El diario rojo de Carlota

El diario azul de Carlota 

El diario amarillo de Carlota

Billete de ida y vuelta

El rastro brillante del caracol

La venganza de los panteras negras

Para os "peques":

El blog de Malika

Para os que son algo "máis maiores":

El hilo invisible

Pornografía y vestidos de novia (artigos)

Rebeldes, ni putas ni sumisas (artigos)

  • Queres saber mais sobre ela? Velaquí algunhas ligazóns interesantes:

https://www.gemmalienas.com/ 

https://www.planetadelibros.com/autor/gemma-lienas/000001509

 

 

Este encontro forma parte das actividades dentro do programa Promoción de las Letras do Ministerio de Cultura e Deporte. 

Cartel promocional

Cartel co horario

25N 2019: lecturas nos recreos

 Lecturas na biblioteca contra a violencia de xénero

O departamento de LG xunto co EDLG organiza para este luns no recreo, unha lectura colectiva de textos reivindicativos en contra da violencia de xénero, ou para ser máis exactos, en contra da violencia contra a muller.

Ás nosas voces uniranse alumnado voluntario, quizais profesores... e contaremos coa colaboración da asociación feminista local Sonlilá.

Animádevos, asistide ao evento... e por que non, participade nel!!

 

 Folleto informativo (colaboración entre a A.L.M. de Carnota e a nosa biblioteca)

 

 

 

 

 

 

 

   

Xogos na Biblioteca

 Xogando na biblio

Por iniciativa dun dos nosos voluntarios axudantes, que estudou a fondo as reglas dos xogos de rol que temos na biblioteca, algúndos nosos alumnos e alumnas están a xogar a El Hobbit Un mundo sin fin (baseado na novela de Ken Follet) durante os recreos. Velaquí algunhas fotos dasúas aventuras:

Preparando a partida

Imaxe dunha partida a medias

Recollendo… e ata mañán!!

Recital poético: 25 febreiro 2019

Día de Rosalía = Día da Poesía 

Xa van moitos anos que celebramos por esta orde : a poesía de Rosalía de Castro, a poesía galega e a poesía en xeral (todo nun!!) arredor do 24 de febreiro.

Este ano, o noso recital anual tivo lugar o luns 25 de febreiro, e como novidade, a participación nel da concelleira de cultura de Carnota, Alianza Uhía; e as bibliotecarias da A.L.M. de Carnota, Ita e Noemi, que nos leron cadanseu poema. Moitas grazas pola vosa participación !

 

Tamén elaboramos un boletín de recomendacións especial, colaboración entre a Bibliolamas e a Biblioteca Municipal de Carnota que podedes ver aquí.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut