Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Actividades na biblioteca

Formación de usuarios

Introdución ao uso do portal de Meiga

Durante o mes de maio imos realizar unha actividade de formación de usuarios dirixida ao profesorado que consistirá nun achegamento ao uso do portal de Meiga. Pretendemos darlles unha axuda no uso da nosa propia páxina e así tirar un mellor aproveitamento da mesma, coñecendo mellor todos os recursos que nos ofrece. 

Tedes aquí unha pequena guía.

 

Busca de información sobre mulleres

O xoves 12 e o venres 13 de marzo imos celebrar na biblioteca unha actividade de busca de información sobre mulleres célebres. A actividade vai dirixida a todo o alumnado do centro e será dirixida polas compoñentes do equipo da biblioteca.

ídevos preparando que hai moito que descubrir!!!

Aquí podedes ver as fotos da actividade.

 

Presentación da biblioteca ás titorías

 

Na semana do 6 ao 10 de outubro de 2008 todos os grupos terán unha sesión de presentación da biblioteca.
O alumnado dos distintos grupos acudirá á biblioteca acompañado do seu
titor ou titora e serán atendidos por algún membro do equipo de
biblioteca. Nesta sesión presentarase a organización e o uso da mesma,
presentaremos as normas e a guía de usuarios e comezarase coa busca de
información, por medio da actividade que coñecemos como "Mergullámonos nos libros".

Encontros con autores e autoras

Quen nos visitou?

O xoves 21 de xuño visitounos o ilustrador, deseñador e escritor Anxo Fariña e deulles unha charla aos alumnos do 1º ciclo e ao alumnado de Plástica do 2º ciclo.

Aínda que este artista está máis especializado na ilustración para pequenos, acaba de publicar a súa primeira novela que tamén pode ser lida por rapaces maiores. E ao longo da charla aproveitou para presentar esta novela que se titula Os Megatoxos e o aprendiz de druída . Nela, uns rapaces con superpoderes viven unha emocionante viaxe no espazo e no tempo, desprazándose desde o presenta á época dos celtas e alí vivirán moitas aventuras.

Ao longo da charla explicounos a orixe dunha das súas creacións máis queridas, a serie dos Pelelliños. Tamén nos explicou como traballa na ilustración para nenos e para adultos; as diferenzas entre a ilustración de libros e álbumes e os deseños máis dirixidos a campañas publicitarias. Falounos de como crea os seus personaxes e mesmo chegou a facer unha caricatura dun dos alumnos asistentes á charla.

 

 

O mércores 16 de maio visitounos Xosé Vázquez Pintor dentro da celebración das Xornadas Culturais. O alumnado de 4º e 3º A tiveron un encontro con el na biblioteca do noso centro. Se queres saber máis sobre esta visita, pincha aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut