Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Actividades na biblioteca

Curso 2016-17: Presentación da biblioteca ás titorías

Comezaron as actividades na biblioteca. A primeira, coma todos os anos, é presentárllela ao novo alumnado e profesorado, coa finalidade de que sexan autónomos canto antes e para isto planificamos unha sesión de formación de usuarios.

Estas actividades farémolas todas ao longo do mes de outubro comezando polos máis novos e rematando cos maiores. O mércores 2 de outubro será a actividade para o grupo de 1º A a terceira hora; o xoves 6  a terceira hora para 1º B;  o mércores 19 a terceira hora para 2º A (a terceira hora); o xoves 20 a sexta hora para 3º A e o 2 de novembro a terceira hora para 4º A.

Os grupos de 1º e 2º realizarán a actividade que chamamos Mergullámonos na biblioteca, pero adaptada para cada un dos niveis. En 1º faremos especial fincapé na organización, funcionamento e normas da biblioteca, coa finalidade de que o alumnado que acaba de se incorporar ao centro sexa autónomo no uso da mesma. En 2º, centrarémonos máis na busca de materiais nas disitntas seccións da biblioteca, especialmente na de matemáticas. Os grupos de 3º e 4º realizarán actividades centradas nos distintos tipos de manuais de consulta, especialmente dicionarios e enciclopedias.
 
Facemos esta actividade ao longo do mes de outubro porque é o máis acaído para que os usuarios coñezan a biblioteca e tamén para celebrarmos o mes das bibliotecas escolares. O Día da Biblioteca Escolar celébrase o 24 de outubro e é a data principal na que se homenaxea a todas as persoas que se relacionan coas bibliotecas. Nesta ocasión, a escritora Ledicia Costas elaborou o texto e a ilustradora Elena Odriozola, a imaxe da campaña.

Abril, mes do libro

 Book lover.jpgEste mes celebrouse o 23 de abril o Día Internacional do Libro (e dos dereitos de autor). Non quixemos permanecer alleos a esta celebración, e por iso desexamos contribuír con esta data tan sinalada. 

Por iso, durante a semana do 25 ao 29 de abril, estivemos de celebración, con diversas actividades organizadas dende a propia Biblioteca, e tamén de outros departamentos. As nosas grellas de novidades e zonas de exposición darán conta destas celebracións con mostras temporais variadas.

Este foi o noso programa de actividades para a semana. 

Book lover. Foto de Icely88 - CC BY-SA 3.0. 

https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=29298110Microphone studio.jpg

Unha das actividades realizadas durante esa semana foi a gravación do texto do escritor galego Pedro Feijoo "Os libros son para valentes", agasallado ás Bibliotecas Escolares pola celebración do 23 de abril deste ano. As voces corren a cargo de alumnado de 1ºESO, e a música, do grupo galego 2uS, que nos deu permiso de usar o tema Bonita de seu álbum debut, Só son sóns. Moitas grazas a todos pola colaboración!

Este é o resultado!                                                                              

Micrófono. Foto de Zzubnik - Dominio público

Curso 2015-16: Presentación da biblioteca ás titorías

Comezou un novo curso e con el as actividades na biblioteca. A primeira, coma todos os anos, é presentárllela ao novo alumnado e profesorado, coa finalidade de que sexan autónomos canto antes e para isto planificamos unha sesión de formación de usuarios.

Estas actividades farémolas todas ao longo do mes de outubro comezando polos máis novos e rematando cos maiores. O venres 16 de outubro será a actividade para o grupo de 1º A a sexta hora; o luns 19 para 2º A, a segunda hora, o martes 20 para 3º A (a terceira hora) e para 4º A e 4º PDC (a sexta hora).

Os grupos de 1º e 2º realizarán a actividade que chamamos Mergullámonos na biblioteca, pero adaptada para cada un dos niveis. En 1º faremos especial fincapé na organización, funcionamento e normas da biblioteca, coa finalidade de que o alumnado que acaba de se incorporar ao centro sexa autónomo no uso da mesma. En 2º, centrarémonos máis na busca de materiais nas disitntas seccións da biblioteca. Os grupos de 3º e 4º realizarán actividades centradas nos distintos tipos de manuais de consulta, especialmente dicionarios e enciclopedias.

 

Día internacional contra de Violencia de Xénero-2014

O luns 25 conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e, un ano máis, levamos esta temática ás aulas e á biblioteca para a reflexión co alumnado.

Haberá dúas actividades:

 

  • Obradoiro para 3º e 4º: “Da violencia ás violencias” impartida por Eixo Proxectos Sociais coa colaboración do Centro de Información á Muller (CIM).  (21 novembro)

  • Charla para 1º e 2º sobre “Violencia de xénero e o novo contexto dixital”, impartida polo CIM de Muros e Pantallas amigas. (12 decembro)

Agradecemos ao departamento de Orientación polas xestións co CIM de Muros.

Novembro de medo 2014

Estamos no tempo de defuntos, do Samaín, do Halloween e dos magostos.

Este ano temos na biblioteca unha exposición de materiais e carteis sobre esta temática elaborada polo alumnado de Atención educativa e Proxecto interdisciplinar.

 

Curso 2014-15: Presentación da biblioteca ás titorías

Comezamos un novo curso e con el as actividades na biblioteca. A primeira, coma todos os anos, é presentárllela ao novo alumnado e profesorado, coa finalidade de que sexan autónomos canto antes.

Estas actividades farémolas todas ao longo do mes de outubro comezando polos máis novos e rematando cos maiores. O mércores 8 de outubro será a actividade para o grupo de 1º A a quinta hora; o luns 13 para 2º A, a sétima hora.Nas seguintes semanas, faremos algunha actividade cos outros grupos.

Os grupos de 1º e 2º realizarán a actividade que chamamos Mergullámonos na biblioteca, pero adaptada para cada un dos niveis. En 1º faremos especial fincapé na organización, funcionamento e normas da biblioteca, coa finalidade de que o alumnado que acaba de se incorporar ao centro sexa autónomo no uso da mesma.

Ao longo do mes, coincidindo co Mes das Bibliotecas Escolares, faremos acticividades variadas para animar o alumnado a coñecer mellor a biblioteca, aproveitar os seus recursos e a facer un bo uso dos mesmos.

Día internacional contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro de 2013

O luns 25 conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e, un ano máis, levamos esta temática ás aulas e á biblioteca para a reflexión co alumnado.


O alumnado de 1º está traballando o tema nas clases de Proxecto Interdisciplinar. O alumnado de 2º terá dúas sesións dedicadas ao tema o luns 25, a 2ª e 3ª hora durante as clases de Lingua Galega e Castelá. O alumnado de 3º PDC, 4º A e 4º PDC recibirá unha sesión conxunta impartida pola psicóloga do Centro de Atención á Muller de Muros, as profesoras do equipo de biblioteca e o profesorado que queira asistir. A sesión será o luns 25 a 4ª e 5ª hora.


Se queredes saber máis sobre o tema podedes consultar:


Se queredes consultar nos fondos da nosa biblioteca algúns dos materiais que tratan este tema, pulsade aquí. E aquí, para ver unha galería de fotos.

Curso 2013-14: Presentación da biblioteca ás titorías

Comezamos un novo curso e con el as actividades na biblioteca. A primeira, coma todos os anos, é presentárllela ao novo alumnado e profesorado, coa finalidade de que sexan autónomos canto antes.

Estas actividades farémolas todas ao longo do mes de outubro comezando polos máis novos e rematando cos maiores. O mércores 2 de outubro será a actividade para o grupo de 1º A a quinta hora, o xoves 3 para 1º B a cuarta hora; o luns 14 para 2º A. Nas seguintes semanas, faremos a actividade cos outros grupos.

Os grupos de 1º e 2º realizarán a actividade que chamamos Mergullámonos na biblioteca, pero adaptada para cada un dos niveis. En 1º faremos especial fincapé na organización, funcionamento e normas da biblioteca, coa finalidade de que o alumnado que acaba de se incorporar ao centro sexa autónomo no uso da mesma.

Ao longo do mes, coincidindo co Mes das Bibliotecas Escolares, faremos acticividades variadas para animar o alumnado a coñecer mellor a biblioteca, aproveitar os seus recursos e a facer un bo uso dos mesmos.

Xornadas Culturais

1. Encontro co escritor Fernando Cimadevila e o ilustrador Iván Valladares

Falarán sobre a saga O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños (1ª novela) e Un faro na escuridade (2ª novela).
Actividade dirixida ao alumnado de 3º da ESO.
Luns 13 maio a 3ª hora



2. III Ciclo de cine de cómic e anime

Actividade dirixida a todo o alumnado no seguinte horario:
Para 2º de ESO: luns 13 de maio a 1ª hora e martes 14 a 6ª e 7ª hora
Para 1º de ESO: luns 13 de maio a 6ª hora, martes 14 a 4ª hora e mércores 15 a 1ª hora.
Para 3º e 4º de ESO: martes 14 a 7ª hora e mércores a 4ª e 5ª hora.


3. Exposición de libros doados pola ex-ANPA do instituto

A ANPA do instituto desfíxose e decidiu doar unha cantidade de diñeiro para mercar libros para a biblioteca. Aproveitamos estas datas das Xornadas Culturais, cando sempre hai máis visitas ao centro, para expoñer os materiais que nos doaron. Montamos unha mesa na entrada do instituto, nun lugar ben visible.

A artesanía de Carnota na biblioteca

Con motivo dos Días Europeos da Artesanía 2013 (5, 6 e 7 de abril) preparamos unha exposición na biblioteca para dar a coñecer os fondos bibliográficos relacionados con este ámbito e abrímolo ás creacións dos artesáns e artistas que traballan no Concello de Carnota.

A finalidade principal da exposición foi a de achegar a nosa comunidade escolar aos artistas locais para darmos a coñecer as súas obras pois, ás veces, o máis descoñecido é o que temos ao pé da casa.

Puxémonos en contacto cos artistas e rapidamente colaboraron con nós: non só achegándonos información de todo o que fan, senón que nos emprestaron varias pezas para exhibirmos durante tres semanas na biblioteca. O mércores 17 de abril viñeron todos ao centro para veren a exposición montada e para agradecerlles directamente a súa enorme colaboración.

Todo o alumnado baixou nas sesións de titoría desta semana (do 15 ao 19 de abril) a visitar a exposición e, en xeral,  fixo unha valoración moi positiva da mesma.
A continuación tedes unha galería de fotos sobre a expo e a visita dos artesáns ao centro, mais a presentación que elaboramos e que podedes ver polos corredores e na televisión do vestíbulo. Agradecémoslles tamén desde aquí a colaboración aos artesáns:

-Taller Nordés (Charo Puga e Manuel Blanco)

-Charamusca (Marupe Armendáriz e Quico Guillán)

-Nacho Porto

-Nano Unzueta

-Gharabullo (Pedro de Caldebarcos)

-Taller Utopía (Nando Lestón e Xurxo Leal)

-José Cernadas

Distribuir contido


by Dr. Radut