Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Curso 2016-17: Presentación da biblioteca ás titorías

Comezaron as actividades na biblioteca. A primeira, coma todos os anos, é presentárllela ao novo alumnado e profesorado, coa finalidade de que sexan autónomos canto antes e para isto planificamos unha sesión de formación de usuarios.

Estas actividades farémolas todas ao longo do mes de outubro comezando polos máis novos e rematando cos maiores. O mércores 2 de outubro será a actividade para o grupo de 1º A a terceira hora; o xoves 6  a terceira hora para 1º B;  o mércores 19 a terceira hora para 2º A (a terceira hora); o xoves 20 a sexta hora para 3º A e o 2 de novembro a terceira hora para 4º A.

Os grupos de 1º e 2º realizarán a actividade que chamamos Mergullámonos na biblioteca, pero adaptada para cada un dos niveis. En 1º faremos especial fincapé na organización, funcionamento e normas da biblioteca, coa finalidade de que o alumnado que acaba de se incorporar ao centro sexa autónomo no uso da mesma. En 2º, centrarémonos máis na busca de materiais nas disitntas seccións da biblioteca, especialmente na de matemáticas. Os grupos de 3º e 4º realizarán actividades centradas nos distintos tipos de manuais de consulta, especialmente dicionarios e enciclopedias.
 
Facemos esta actividade ao longo do mes de outubro porque é o máis acaído para que os usuarios coñezan a biblioteca e tamén para celebrarmos o mes das bibliotecas escolares. O Día da Biblioteca Escolar celébrase o 24 de outubro e é a data principal na que se homenaxea a todas as persoas que se relacionan coas bibliotecas. Nesta ocasión, a escritora Ledicia Costas elaborou o texto e a ilustradora Elena Odriozola, a imaxe da campaña.


page | by Dr. Radut